1º Curso

VISITA DO APALPADOR a 1ºB

O martes 20 de decembro tivemos unha visita moi especial destas datas, o Apalpador que veu dende o Caurel a vernos para dicirnos que temos que alimentarnos ben e pasar moi ben estas datas tan familiares e especiais.

Ao principio costounos recoñecer quen era pero logo fartámonos de darlle apertas xa que ao pasar por debaixo da  nosa porta onde temos unha coroa de muérdago, como manda a tradición, é de obriga recibir APERTAS, BICOS OU CARICIAS!

         

ANIVERSARIOS DE INVERNO en 1ºB

Agrupamos as celebracións dos aniversarios por trimestres, polo tanto teremos ao longo do curso tres celebracións especiais: inverno, primavera e verán.

O martes 20 de decembro levamos a cabo a primeira FESTA, OS ANIVERSARIO DE INVERNO, onde culminaron as celebracións individuais de cada neno/a, o seu día propio cun ritual instaurado de CAIXA DE ANIVERSARIOS que consta de agasallo personalizado, puzle para simular as voltas ao sol que ten que dar a Terra arredor do Sol dende que el ou ela naceu, soplado de vela para formular previamente o seu desexo segredo.

Este trimestre cumpliron: Dani, Tomás, Marcos, Sara e Dalia.

 

RESPOSTA AO RETO PROPOSTO POLO MUSEO DE BELLAS ARTES en 1ºB

Atendendo as tres tarefas que nos propuxeron as educadoras do museo para este trimestre  dentro do proxecto que levamos en común, foron:

  • Investigación: fontes de Arzúa e a sua localización

 

  

  • Reprodución: como vemos nós o cadro de Manuel Colmeiro "Na fonte"

   

 

  • Creación : o arte da fotografía simulando as protagonistas do cadro que levan nas súas cabezas unha sella para recoller auga das fontes. cada nenos e nena representa nas súas cabezas o que máis lle gusta facer, o que máis lle preocupa, o seus soños ...

  

E agora toca agardar para o seguinte reto mentres que poñemos en común estas tarefas con infantil de 5 anos que tamén está desenvolvéndoo

SAÍDA AO CINE

Como ven sendo xa tradicional e típico a visita ao cine nestas datas, e en compañía do alumnado de 3º de primaria, os nenos e nenas de 1º de EP fomos hoxe ao cine á estrea do filme : O GATO CON BOTAS, O ÚLTIMO DESEXO.

Unha filme para traballar valores de moita índole pero sobre todo o amor ao que temos, a vivir intensamente a vida que temos en compañía dos e das que mais queremos xa que é unha, non hai outra e a amizade, un gran tesouro que fai que esta única vida que temos valga a pena.

Palabras como "molou" e sorrisos nas súas caras fannos entender que lles gustou moito e que desfrutaron do día de despedida do primeiro trimestre deste curso 2022-2023.

Unha boa maneira de rematalo aínda que nos queda mañá, unha xornada intensa chea de talleres textís, manucreativos e de cerámica! Xa vos contaremos!

MINIFESTIVAL NAVIDEÑO EN PRIMEIRO B

Para rematar este trimestre o tradicional minifestival cunha curta que  parodia as DOCE CAMPANADAS para deixar atrás o 2022 e darlle unha boa benvida ao novo ano 2023:

Para a súa elaboración contamos cun elenco do mellor, 16 nenos e nenas que prepararon todo este traballo con ilusión, entrega, adicación  co guión, cos decorados e colaboración das familias co vestiario!

 

Ademais de decoracións diversas nos diferentes rincóns da aula: porta, rincón da iluminación ...

  

 

ISAAC DÍAZ PARDO, pintor, ceramista ... en 1º B

Relacionado co proxecto que estamos levando a cabo co Museo de Bellas Artes, no reto deste mes menciónase a obra de Isaac Díaz Pardo pola similitude ao que estamos traballando da obra de Manuel Colmeiro, A FONTE.

Nós non quixemos deixalo pasar e decidimos facer unha interpretación da súa obra: A rapaza que leva na súa cabeza un mundo de cousas que pode precisar na vida pero quixemos traballar sobre as nosas preocupacións, o que é imprescindible para nós, o que necesitamos para seguir vivindo...foi unha experiencia moi  intensa, cargada de tenrura e admiración: familia, miña nai, meu pai, miña irmá, as miñas aficións, a saúde dos meus, o fogar, o deporte, o fútbol, as nosas mascotas...

   

 

 

CODE WEEK EN 1º B

Este é un pequeno resumo da nosa participación en CODE WEEK, despois de pór en marcha unha serie de actividades para achegar ao noso alumnado ao mundo da programación con ordenador e sen ordenador, tal como anunciamos no mes de outubro.

Traballamos: linguaxe binario, pixel art, realidade aumentada, codificación en todos os ámbitos... seguiremos para ampliar a nosa formación neste eido e desenvolver a competencia STEAM.

 

 

Actividades co Ipad da profe: apps  e con diferentes robots como OZOBOT e BEEBOT

 

Diferentes tipos de linguaxes codificadas

 Linguaxe do abano

Unha das derradeiras actividades é HOUR OF CODE, onde a imaxe é a protagonista

 

Cada neno/nena en colaboración coas familias elaborou unha historia codificada, para pór de manifesto que non fai falta a linguaxe falada para poder contar unha historia e senón xa veredes:

 

CIENCIA LOCA EN ACCIÓN en 1ºB

Rematado novembro xa temos avanzado moito nas diferentes propostas para esta conmemoración, A CIENCIA. Achegámonos a este mundo nun ambiente de igualdade, non discriminación e sempre abertos e abertas a novas iniciativas que vaian xurdindo das pequenas cabezas pensantes do alumndado deste nivel e deste grupo, concretamente.

 

DÍA DA CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA E DO ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA, 6 de decembro

Dentro da conmemoracións a celebrar neste curso está o Día da Constitución Española e do Estatuto de Autonomía de Galicia o día 6 de decembro.

En primeiro de primaria tratamos o tema antes desta data para saber o por que dun día festivo, que non hai clase, da importancia destes dous textos, o seu significado e o seu contido:

  • A CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA, aprobada en 1978.
  • O ESTATUTO DE AUTONOMÍA, tres anos mais tarde en 1981.

 Seguiremos traballando!!!! 

CIENCIA vs TECNOLOXÍA, 30 de novembro

 Unha actividade dentro do MES DA CIENCIA é a visita á Biblioteca do IES de Arzúa, que ten unha exposición de aparatos pezas de museo.

A tecnoloxía usa o coñecemento da ciencia e a ciencia avanza  na medida en que dispón de novos avances tecnolóxicos. Conceptos tan coñecidos I+D+i deben ser ben entendidos:

  • INVESTIGACIÓN: ampliar o coñecemento científico.
  • DESENVOLVEMENTO: aplicación dos resultados obtidos para deseñar novos bens ou servizos ou para mellorar os existentes.
  • INNOVACIÓN: lanzar ao mercado algo novo, froito do deseño levado a cabo na investigación.

Disto imos aproveitar unha exposición na Biblioteca do Ies para observar unha serie de ferramentas informáticas, de ofimática e audiovisuais, que estando agora xa obsoletas e sendo xa pezas de museo, serven para que a rapazada viva en primeira persoa, toque, manipule e experimente, con tecnoloxías obsoletas qu enon hai moitos anos estaban á vangarda da ciencia: proxector de opacos, radiocasette, cintas de cassete, video VHS, máquina de escribir mecánica, filminas, diskettes... 

Foi moi interesante esta visita e toda a información que nos fixeron chegar de todos os aparatos que ali vimos: "Aparatos prehistóricos, case" dicían dada a súa curta idade.

Grazas ao profesorado que veu atendernos e facernos sentir as personas maís grandes do mundo cando alí eramos os máis pequenos.  "Sentímonos importantes e famosos" palabras textuais dalgún pequeno e "ricos" polos agasallos recibidos, e así o manifestaron ás familias ás que lles contaron o vivido.

   

 E ademais tivemos a gran sorte de facer un pouquiño de filosofía cunha frase de Isaac Newton e construir pontes ente a xustiza e a inxustiza, onde nos invitaron a participar e elaborar un corredor cun muro cheo de cousas malas e unha zona chea de sabedoría e cousas boas. Había un moucho!!!!

GRAZAS INFINITAS POR ESTA ACTIVIDADE CHEA DE SABEDORÍA!

 

Powered by Drupal - Design by artinet