Skip to Content

2021-22

Dia das Artes Galegas 2022 - Laxeiro

 O alumnado de 3º en dúas sesións, coa colaboración da Deputación de Pontevedra  elaboraron un mural no Día das Artes Galegas homenaxeando ao persoeiro elixido este ano  José Otero Abeledo “Laxeiro"    - Ver máis fotos   -  Artigo relacionado

Coplas para cantar no cole

Concurso de debuxo e poesía sobre os Maios

Estimadas familias:  comunicamos que estamos organizando a celebración dos Maios de 2022. Esta constará de varios concursos e actividades para toda a comunidade educativa:

    • Debuxo  dun Maio, o gañador  irá na portada das coplas.

O Prato de Harvard no Día da saúde (7 de abril)

Aquí tes unha actividade  H5P feita na escola para coñecer os alimentos saudables.  Coñeces o Prato de Harvard?    Tamén chamado Prato para Comer Saudable, é unha guía visual para axudar a educar e motivar ás nenas e nenos a comer ben e manterse en movemento. Dun golpe de vista, a imaxe presenta exemplos das mellores opcións de comidas e almorzos saudables e destaca a importancia da actividade física como parte da fórmula para manterse san. FACER A ACTIVIDADE  (Arrastra o alimento para o seu lugar) . Consulta este enlace para aprender máis sobre como manterte sá e despois fai a actividade, arrastrando cada alimento á categoría que lleva corresponde.

https://www.hsph.harvard.edu/nutritionsource/el-plato-para-comer-saludable-para-ninos/

VISITA AO CENTRO DE RECURSOS EDUCATIVOS DA ONCE

O alumnado campolongo tivo a oportunidade de visitar o Centro de Recursos Educativos da ONCE. A través de varios obradoiros puxémonos na pel das persoas con discapacidade visual; aprendemos a actuar correctamente, na rúa, se precisasen da nosa axuda; manipulamos os recursos materiais que utilizan durante o seu proceso de aprendizaxe e valoramos o traballo dos mestres que os acompañan durante a súa etapa educativa. Foi unha saída moi interesante e pasámolo xenial. VER FOTOS 1º C  -    -

Balea Varada - Illa de Tambo

 Este ano temos dúas boas novas  en Pontevedra e a súa contorna:  a recuperación do convento de Santa Clara e da Illa Tambo (Balea Varada) como lugares para poder visitar. Estiveron moito tempo pechados ao público en xeral. Aproveitamos para ver unha presentación  da mitoloxía que rodea a Illa de Tambo.

Ver o conto en Galicia Encantada

Coros pola PAZ

 Se hai uns días fomos 1.000 en Madrid, por que non podemos unirnos 100.000 en toda Europa? O domingo 27 de marzo, ás 12 da mañá, vèn a cantar connosco pola paz. Esteas onde esteas, axúdanos a que a túa cidade se sume  a Coros pola Paz: un gran evento simultáneo en toda Europa. Un encontro de canto común e multitudinario pola paz.  Deixa  que a nosa voz e a nosa música sexan o máis poderoso instrumento para construír e pedir pola paz en Europa e no mundo. Dillo ao teu coro e aos teus amigos e #sumar a Coros pola Paz. Lembra: domingo 27 de marzo, ás 12 da mañá, na Praza da Ferraría a paz necesítate. Cancións que se interpretarán: VAI PENSIERO, Doa Nobis Pacem: DOA NOBIS PACEM VAI PENSEIRO.
HORARIO DE ENSAIOS: Venres 18 e 25 Marzo no Instituto Sánchez Cantón de Pontevedra 18:30 a 20:00. Sábado 19 de Marzo no Liceo Casino de Pontevedra de 18:30 a 20:00. SÁBADO 26 Ás 12:30 ENSAIO XERAL NO PAZO DÁ CULTURA.
A profe Reyes do cole que dirixe o coro Luís García Limeses, convida aos niñ@ s excantores a esta bonita ininiciativa.

XXIII Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra - 2022

Estes días  de marzo o alumnado de Campolongo visitou o   XXIII Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.  A visita comeza cunha representación de catro contos no auditorio. Despois continuamos a visita polas diferentes zonas de exposición de libros. Experiencia moi enriquecedora!. A esposición estará até o día 27 de marzo deste 2022   no Pazo de Cultura   -  Ver fotos - Ver contos - Ver libros.   

A nosa escola este ano presentou 4 traballos:  1- A Arte é ...   2- Castelao e Nós   3- Calendario de Castelao  4- A Diversidade da nosa Arte .    

  FOTOS DE CAMPOLONGO1ºC  - 2ºC  -

XX Exposición da Camelia no CEP Campongo

  Por cuentións da pandemia a exposición de traballos non  estará visible para o público en xeral. Ver XX Exposicion da camelia (2022).

Día das Artes Galegas 2022 - Laxeiro - Xogos Interactivos e U. Didáctica

Clicando nas imaxes poderas entrar en dúas actividades interactivas sobre Laxeiro. O homenaxeado este ano 2022  no Días das Artes Galegas.    Xúntase tamén unha Unidade Didáctica.

 Entrar na Fundación Laxeiro

Distribuir contido


by Dr. Radut