Skip to Content

Concurso de debuxo e poesía sobre os Maios

Estimadas familias:  comunicamos que estamos organizando a celebración dos Maios de 2022. Esta constará de varios concursos e actividades para toda a comunidade educativa:

    • Debuxo  dun Maio, o gañador  irá na portada das coplas.
    • Poesía: elaboración de coplas.  As seleccionadas irán no díptico que se faga.    Debido ao pouco tempo que temos despois da Semana Santa para organizar todo , no caso de que os de 6º se presenten á Festa dos Maios da  Ferraría, é polo que o tempo dos concursos anteriores rematará o venres  8 de abril.  Máis adiante enviaremos outra circular avisando das datas de recollida do material para a elaboración do Maio: fiúncho, pampullos, larannxas etc. O que si se pode ir xuntando xa son os ovos baleiros.  Ver debuxos e maios doutros anos.



page | by Dr. Radut