Skip to Content

2021-22

Unha tese doutoral demostra os beneficios da camelia como anticanceríxena

A tese doutoral da investigadora viguesa Rocío Barreiro, cualificada cun sobresaliente 'cum laude', concluíu que o té e o aceite elaborados a partir das camelias galegas posúen propiedades anticanceríxenas, desoxidantes e antimicrobianas.  Baixo o título 'Composición química e capacidade desoxidante dos produtos obtidos de camelias de Galicia' , a tese estuda as propiedades do ace

Refraneiro de agosto

Dic dac docs. Adarme Visual

Proxecto audiovisual composto por 5 documentais didácticos de 7 minutos cada un, dirixidos a nenas e nenos de 2 a 7 anos, co obxectivo de que adquiran vocabulario en galego. Cada capítulo está dedicado a un tema (a cidade, a horta, a casa, a granxa e os medios de transporte), que será o eixo a través do cal os nenos descubrirán os elementos e as palabras en galego relacionadas con ese campo. Todos os capítulos están encadrados no ámbito galego e cunha referencia clara á xeografía e á cultura galegas. Ver todos

Refraneiro do mes de xullo

Un dos meses propios do verán é  xullo, que en galego tamén recibe o nome de Santiago, xa que nel se celebra a festa do Apóstolo. Tamén se coñece como o mes da sega, posto que son as datas en que se realiza este labor. Son moitos os refráns e ditos sobre o mes de xullo, relacionados co tempo, coas tarefas do campo, con festas e celebracións varias…
  • Aí vén o mes de Santiago co seu canado! .
  • As abellas da Madalena, Dios as trai e Dios as leva.
  • Cando a mora madura, xa pinta a uva.
  • Cando Santiago non mexa, Santa Ana levanta a saia.
  • Chuvia de San Cristovo, co seu cobo.
  • Chuvia de Santa María, coa súa regazadiña .
  • Chuvia na semana da Ascensión cría nos trigos mourón, pro é un regalo San Pedro co seu xerro, San Cristobo co seu cobo, Santa María coa súa regazadiña, Santiago co seu canado, San Lorenzo co seu caldeiro penso, Nosa Señora coa súa ola e San Miguel co seu tonel.
  • Entre marzo e abril sae o cuco do cubil e marcha polo Santiago.
  • De maio a xullo as cereixas son coma puños.
  • De san Xoán, Santiago i agosto, mulleres, non son voso; dende Nadal a marzo, estarei ó voso lado.
  • Día de santa Mariña, vai vela túa viña, e como a encontrarás, así a vindimarás.
  • Día de Santiago á mañá, nabiños a semear.
  • Do trinta de xullo en diante, calor asfisiante
  • En xullo arder  e patacas coller.
  • En Santiago e agosto estroupelear, que é tempo do liño mazar.
  • Home sen fortuna, parto de muller na seitura.
  • No Carme todo o mundo come carne.
  • O bo nabal comeza por Santiago e acaba con Nadal.
  • Para coller moitos nabos, por Santiago sementalos.
  • Para o porco e a galiña, que pase a santa Mariña.
  • Polo san Cristovo xa o millo lle tapa a ala ao corvo.
  • Polo Santiago esconde o coello o rabo, e por san Miguel vólveselle ver.
  • Polo Santiago non hai mal cabalo.
  • Polo Santiago seméntase o nabo.
  • Por moito que xullo queira ser, pouca ha de chover.
  • Por Santiago nin no taco nin no saco.
  • Polo Santiago cegoñas e polos a xeirar polos agros.
  • Pola santa Madalena, a abelá xa está chea.
  • Pola Santa Mariña, pousa a sacha e colle o fouciño” 
  • Por Santiago  pinta o bago.
  • Quen en sementar é mesquiño, para a seitura escusa fouciño.
  • Santiago de chuvias, ano de alubias.
  • Santiago manda o pan, san Migueliño manda o viño, san Francisco manda a landra e santo André o touciño.
  • Santiaguiño sempre co seu cabaciño.
Ver máis   -  Santuario de Xullo:  - San Cristovo: día 10  -Santa Mariña : 20  - Lorenzo: 21  - Madalena: 22 - San Xoán: 24  - Santiago: día 25   - Ana: 26 - San Pedro: 29
 

Os contos de Lourdes Justo Adán

Neste curso 2021-22 estivo connosco como Orientadora do centro, a compañeira Lourdes Justo Adán.  Por circunstancias que non veñen ao caso, o ano que vén estará noutro centro educativo de Pontevedra. Deixamos aquí, como unha pequena homenaxe,  a súa biografia educativa e literaria, coas súas publicacións para aqueles que lles poida interesar.

Vive en Pontevedra. Mestra especialista en Educación Infantil, Educación Primaria e Pedagoxía Terapéutica. Licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación. Leva máis de 25 anos no ensino. Sempre mostrou gran interese pola lectura e, posteriormente, pola escritura, o que a levou a asistir, hai uns anos, a diversos talleres de escritura. Desde entón, o que comezou como unha afección, foise convertendo nunha necesidade tan vital como creativa. Publicou os microrrelatosIn memoriam” na antoloxía “O Legado de Gabo” (Ollos Verdes Edicións, 2016) e “Toc, toc, toc” na antoloxía “Pluma, tinta y papel” (Ed. Diversidad Literaria, 2022). Álbum ilustrado “El collar de Borlita” (Ed. Círculo Rojo, 2022).   Obtivo o terceiro premio no IX certame organizado pola Escola oficial de idiomas de Pontevedra (2018) co microrrelatoA danza dos vagalumes .  Adentrouse na literatura infantil co seu primeiro álbum ilustrado titulado “Algo moi valioso” (Editorial Círculo Rojo, 2019).

Engadimos que deixou no blog de orientación do noso centro, creado por ela,  algunhas recomendacións de lecturas de libros nos diferentes meses do curso.

A RAG presenta a 'Guía de nomes galegos' con máis de 1500 antropónimos

A Guía de nomes galegos, un recurso en liña coa forma estándar de máis de 1500 antropónimos que forman parte da tradición galega, moitos deles dende a Idade Media, xa se pode consultar en liña nesta mesma páxina web. Cada entrada explica a orixe e o significado do antropónimo, achega a historia ou as lendas dos personaxes que primeiro o levaron ou que o fixeron popular e recompila as correspondencias con outras linguas, entre outra información. O recurso complétase cunha listaxe de nomes femininos e outra de masculinos descargables.

Axudas Fondolibros - alumnado de 4º

Os beneficiarios das Axudas do Fondolibros poderán recoller os libros de texto para 4º ata o día 29 de xullo, en horario de 10 a 13 horas. Aquelas familias e titores legais que non poidan vir neste período terán que recollelos en setembro, para o cal habilitarase un día concreto.

Historía e catálogo do Pazo de Lourizán

  - Clica na imaxe para ver o catálogo

  -   Historia do Pazo de Lourizán

Plan Dixital CEP Campolongo

Distribuir contido


by Dr. Radut