Skip to Content

2021-22

23 de febreiro - Día de Rosalía de Castro - Pensamentos

  Temos na imaxe un traballo do alumnado de 6º onde se recollen algúns dos poemas-pensamentos que nos deixou Rosalía de Castro na súa maxestuosa obra literaria. 

H5p - 4 de febreiro - Día Mundial do Cancro

Libros de febreiro - Tema "O amor"

Libros de xaneiro - Tema "A Paz"

4 de febreiro - Día Mundial contra o cancro

Entre os factores que aumentan o risco de cancro inclúense a exposición excesiva á radiación solar (cancros de pel), algúns virus (cancro de pene, colo do útero, algúns linfomas). Non obstante as causas previsibles máis importantes do cancro son o tabaco (cancros de pulmón e vexiga) e o alcohol (cancro de estómago e do páncreas). Ler máis   -  Ver o texto nunha actividade H5P

2 de febreiro - Día da Candeloria

-Que significa candeloria?
A candeloria é unha palabra que ten a orixe no substantivo latino candela -ae, ‘luz alimentada con cera ou sebo’, termo co que se crea no latín tardío festa candelarum, ‘a festa das candeas’, que chega a nós acurtando a locución. E ten que ver coa procesión dentro da igrexa das candeas benditas acesas, que son as protagonistas da festa. Candeas = candeloria. Para a igrexa católica é o día da Purísima, a Purificación da Virxe María. Así que están de santo as Puras. E tamén estarán os Puros, que Purificación é nome de home (México) e un famoso Puro galego foi don Puro Cora director moitos anos de El Progreso. LER MÁIS
-Candeloria ou candelaria?

Algunhas ligazóns sobre Rosalía de Castro

A Rosalía (No Bico un Cantar)

Distribuir contido


by Dr. Radut