Skip to Content

E. Física

SESIÓN PRÁCTICA DE TENIS

Onte, mércores 30 de setembro, David e Juan, monitores do clube de tenis de Gondomar, viñeron ao cole a facer unha sesión práctica de tenis.

 

Tenis en Belesar

O Clube de Tenis de Gondomar viu ao centro  para ensinárnos o divertido que pode ser unha sesión de tenis. Todos os nenos e nenas de Primaria puideron probar da súa man como é o golpeo cunha raqueta e sentirse na final do master series.

Moitas grazas a Juán e Carlos pola vosa participación no cole de Belesar

Deporte escolar, obradoiro de atletismo

Deporte galego viu ao cole de Belesar para explicarnos as distintas modalidades do atletismo e instruir ao alumnado do 2 ciclo nelas. Os alumnos de 4º de primaria participarán nunhas Olimpiadas escolares.

Polo aire

Na clase de Educación Fisica estamos traballando os lanzamentos.

Cross escolar Val Miñor 2014

Hoxe foi unha xornada na que o noso alumnado demostrou toda a súa forza e esforzo. Cunhas condicións climatolóxicas poco axeitadas, comezamos as carreiras dos nosos alumnos maiores. Pouco a pouco, entre carreiras, esforzos, chuvia e sol, os nenos e nenas de Belesar disfrutaron dunha xornada de deporte, que como todos os anos, é unha xornada de ledicia. 

Estivéchedes fenomenal, o voso esforzo durante todo este mes nas clases de Educación Física , deron o seu froito. Estamos moi orgullosos de vos! Noraboa!

Preparando o cross do Val Miñor

O vindeiro domingo 2 de febreiro terá lugar no campo de Santa Marta o XV Cross escolar do Val Miñor.

Como todos os anos, desde o cole preparámosnos para o Cross nas clases de Educación Física e Psico.

Estan facendo un esforzo moi grande e estamos moi orgullosas deles e por iso queremos darlle a noraboa a todos os alumnos e alumnas.

O cole de Belesar xa gañou!



BUSCANDO O EQUILIBRIO

En clase de Educación Física estamos traballando o equilibrio. Durante varias sesiones experimentamos a nosa estabilidade en distintas superficies, cos compañeiros e compañeiras  e en vehículos.

 

 

Xogamos e aprendemos co badminton

Neste segundo trimestre estivemos traballando badminton nas clases de Educación Física.. Pouco a pouco o alumnado mellorou moito neste deporte e puideron desputar partidos dobres moi igualados.

Cross escolar 2013

O pasado domingo, tivemos a sorte dunha soleada mañá para poder desfrutar no Cross deste ano. No campo de Sabaris os nosos alumnos/as participaron e remataron todas as carreiras nas que participaron. Todos e cada un de eles, co seu esforzo consegueron facer da mañá do domingo, un día inolvidable. Desde os chupetes de 3anos ata os alumnos/as maiores do cole,asi como exalumnos.

Noraboa a todos e todas pola vosa participación!

Distribuir contenido


by Dr. Radut