Skip to Content

Cross escolar Val Miñor 2014

Hoxe foi unha xornada na que o noso alumnado demostrou toda a súa forza e esforzo. Cunhas condicións climatolóxicas poco axeitadas, comezamos as carreiras dos nosos alumnos maiores. Pouco a pouco, entre carreiras, esforzos, chuvia e sol, os nenos e nenas de Belesar disfrutaron dunha xornada de deporte, que como todos os anos, é unha xornada de ledicia. 

Estivéchedes fenomenal, o voso esforzo durante todo este mes nas clases de Educación Física , deron o seu froito. Estamos moi orgullosos de vos! Noraboa!



book | by Dr. Radut