O pasado 28 e 29 de outubro celebramos no centro o Magosto e o Samaín. O xoves fomos ao campo de fútbol da Estivada, onde gozamos duns magníficos xogos organizados polo equipo de Dinamización para logo comer as riquísimas castañas que asamos coa axuda de Eduardo.
O venres o cole converteuse nunca casa do terror chea de vampiros, defuntos, pantasmas...foi xenial!
Deixamos uns vídeos para que vos acheguedes, un pouquiño, ao ben que o pasamos eses dous días
Hoxe pola mañá, tivemos unha xornada marabillosa na que puidemos gozar dun Cross Escolar no Val Miñor. Na Ladeira atopabase o alumnado do CEIP Belesar que participou, e fixéronno moi ben; estamos moi orgullosas do voso esforzo, da vosa forza para caerse e erguerse, do voso tesón e dos vosos resultados.
O venres foi un día especial para nós, porque participamos na Carreira solidaria da Fundación "Unoentrecienmil", para recaudar fondos en prol da investigación da leucemia infantil.
Alumnado, familias e mestres participaron na carreira, desexando avanzar neste campo.
Hoxe participamos nas Xornadas de atletismo en pista, organizadas pola Deputación co noso alumnado de 4º e 5º de primaria. Pasámolo moi ben. Noraboa a todos os participantes.
Os días 21 e 22 de xaneiro tivemos a visita dun campión de España en loita libre para ensinarnos as bases deste deporte. Moitas grazas Juan do clube de loita libre de Sabarís.
Hoxe viñeron da asociación deportiva Vincios de Tenis de Mesa a facernos unha demostración e a ensinarnos a xogar ao tenis de mesa. Na asociación de Vincios teñen esta actividade. Deixovos un video con as fotos. Que ben o pasamos!!!