Novas do coro
I CURSODE TÉCNICA VOCAL INFANTIL DO CORO CEIP NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS
O Coro CEIP Nsa. Sra. dos Remedios celebra o I CURSO DE TÉCNICA VOCAL INFANTIL o vindeiro sábado 21 de abril .
As clases serán impartidas polo tenor Juan Abalde e a soprano Iria Rodríguez, ambos Licenciados en canto polo Conservatorio Superior de Música de Vigo.
A nosa gratitude pola súa xenerosidade co coro.
O FESTIVAL DE VILANCICOS DE NOVACAIXAGALICIA NO QUE ACTUOU O CORO DO COLEXIO NA PRENSA
Pinchando nos seguintes enlaces pódese ver información sobre o 46º Festival de Vilancicos de Novacaixagalicia no que participou o coro do colexio:
http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2011/12/18/novacaixa-pone-musica-navidad/607186.html
http://www.atlantico.net/noticia/172162/coral/matama/premio/cancion/inedita/
http://vgomagazine.com/?p=26721
ACTUACION DO CORO NO 46º FESTIVAL DE VILANCICOS DE NOVACAIXAGALICIA
Pinchando no seguinte enlace poderás ver a actuación do coro do colexio no 46º Festival de Vilancicos de Novacaixagalicia feita en Vigo o 3 de decembro: http://www.youtube.com/watch?v=X8pEH9fz9t4&feature=youtu.be
EXTRAORDINARIAS ACTUACIÓNS NA FASE FINAL DO 46º FESTIVAL DE VILANCICOS DE NOVACAIXAGALICIA DO CORO DO COLEXIO
De extraordinarias temos que cualificar as actuacións do Coro do CEIP Nosa Señora dos Remedios nas fases finais do 46º Festival de Vilancicos de NovaCaixaGalicia celebradas este sábado 17 de decembro no Centro Cultural de Novacaixagalicia en Vigo e o domingo 18 de decembro no Teatro Colón da Coruña.
O coro foi un dos 12 seleccionados entre máis de 100 presentados a este festival o que supón un éxito espectacular tendo en conta o pouco tempo que leva funcionando nesta nova xeira.
Queremos felicitar aos compoñentes do coro e á súa directora a mestra Ruth Barros Abalde e á pianista acompañante a mestra Cecilia López Louro por este éxito.
Agradecdemos tamén a colaboración dos pais e nais que se desprazaron co coro para axudar.
O CORO DO COLEXIO CLASIFÍCASE PARA A FINAL DO FESTIVAL DE VILANCICOS DE NOVACAIXAGALICIA
¡¡¡Fantástico éxito!!!
O Coro do CEIP Nosa Señora dos Remedios acadou un importantísimo éxito na súa participación no Festival de vilancicos de NovaCaixaGalicia, pois logo da súa actuación o sábado 3 de decembro no Centro Cultural de Caixanova en Vigo acadou a clasificación para a fase final e actuará os vindeiros 17 e 18 de decembro en Vigo e A Coruña respectivamente.
Felicitamos dende aquí aos compoñentes do coro e ás profes Ruth Barros (Directora do coro) e Cecilia López (acompañante ao piano) polo traballo que están a desenvolver.
UNHA BONITA EXPERIENCIA PARA O CORO DO COLEXIO
Como sabedes, o pasado sábado 3 de decembro o coro participou no 46 Festival de vilancicos Novacaixagalicia.
Vaia mañá máis intensa pasamos. Un ensaio no ximnasio do cole para quecer as voces, reparto de grupos cos pais e nais que nos coidaron, subida ao autobús e chegada ao Teatro.
Estaban esperándonos na entrada moitos dos nosos pais e nais que ían con ganas de escoitarnos.
Xa dentro unhas azafatas informáronnos onde estaban os nosos camerinos.
Deixamos as cazadoras e colocámonos xa uniformados no corredor principal á espera de que nos avisaran para actuar.
Fixemos as filas, tentamos relaxarnos e... cara ao escenario por escaleiras de caracol!!!!.
Aquí colgaremos algunhas fotos e o vídeo da actuación.
Repertorio: Campanita del lugar, Noite de Nadal e Aló entre as pallas.
Esperamos que vos guste.
AGRADECEMENTOS
As mestras non queremos deixar de agradecervos aos pais e nais o esforzo para mercarlles aos nenos o necesario para o uniforme.
Temos moi claro que a imaxe conta. A estampa que ofrecemos no Teatro foi impecable.
Así mesmo o noso agradecemento ao Centro e á ANPA por mercar o necesario para facernos cos complementos que servirán para moitas máis actuacións.
Mención tamén para as nais que cortaron e coseron as bandas, bufandas e flores que sería imposible dar rematado sen contar con tantas mans colaborando.
Grazas tamén por acompañarnos e facervos cargo dos rapaces/as.
Coidamos que este é o principio dunha gran aventura.
Recibide unha aperta.
Ceci e Ruth
CONCERTO DE NADAL CORO CEIP NOSA SRA. DOS REMEDIOS E OBRADOIRO VOCAL “A VILA”
CONCERTO DE NADAL CORO CEIP NOSA SRA. DOS REMEDIOS E OBRADOIRO VOCAL “A VILA”
Nel participaremos a totalidade do coro e ofreceremos un programa doce coma o Nadal pero tamén moi divertido.
Vémonos o venres 30 de Decembro aquí, en Ponteareas.
En breve concretamos lugar e hora definitivos, pero ídevos preparando coro e público para compartir unha tarde inesquecible.
Será o gran estreo dos nenos/as de 1º de Primaria... e veñen pisando forte. ¡Que maneira de cantar!
ESTE SÁBADO 3 DE DECEMBRO ACTUACIÓN DO CORO DO COLEXIO EN VIGO
Este sábado 3 de decembro o coro do CEIP Nosa Señora dos Remedios participará no Centro Cultural de NovaGaliciaBanco en Vigo no Festival de vilancicos desta entidade.
Nesta actuación estarán máis de 80 compoñentes do coro, baixo a dirección da mestra Ruth Barros Abalde e co acompañamento ao piano da mestra Cecilia López Louro e vai ser a primeira actuación do coro fóra de Ponteareas. O festival comeza a partires das 12.00 horas.
Estamos seguros de que van facer unha actuación espectacular.
Animámosvos a que acudades a este festival.
O CORO DO CEIP NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS
Ola a todos/as!
Estreamos este espazo dedicado ao coro do colexio con moita ilusión.
Tentaremos mantervos informados do que imos facendo. As cancións que preparamos, como marchan os ensaios, colgaremos algúns enlaces que parezan interesantes...
Avisarémosvos dos concertos.
Pero... imos empezar a casa polos cementos?? e ímosvos explicar como e cando naceu este coro.
CURRICULUM
CORO CEIP NOSA SRA. DOS REMEDIOS
O CEIP Nosa Sra. Dos Remedios ten unha longa tradición coral; este centro contaba xa con Coro dende hai máis de 40 anos. Daquela un número moi elevado de nenos e nenas de Ponteareas estudantes do propio centro cantaron baixo a dirección do mestre D.Ángel Viro Caamaño, fundador e director do mesmo durante a súa existencia. Da súa man acadaron numerosos premios e éxitos dando concertos por diversos lugares da xeografía española.
Gravaron o CD de panxoliñas Nadal galego aínda comercializado a día de hoxe e que segue a soar nas rúas da nosa vila e doutras vilas de España nas datas do Nadal; participaron no programa “Os Chiripitifláuticos” de RTVE.
Tras a celebración o ano 2010 do 40 aniversario do centro e despois de xuntar a moitos dos cantores daquela época xurde a idea de retomar a iniciativa, polo que o actual coro do centro retoma a súa andaina o pasado mes de maio de 2011 baixo a dirección da mestra Ruth Barros Abalde e coa tamén mestra Cecilia López como pianista acompañante. O número de membros é de 147 con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos. Os ensaios organízanse en 2 grupos, un de 1º a 3º e o segundo de 4º a 6º de E. Primaria preparando repertorios adaptados ás diferentes idades e así mesmo pezas para ser interpretadas en conxunto.
Nesa primeira actuación fixemos o seguinte repertorio:
Yomika /Sakura................................................................Populares de Xapón.
O dote do meu sogro.........................................................Popular galega
CORO COLEXIO NOSA SRA. DOS REMEDIOS+OBRADOIRO VOCAL “A VILA”
Ipharadisi.........................................................................................Anders Nyberg
E que pasou este curso?
Este ano as mestras fixemos unha nova convocatoria para coñecer mellor as voces dos noso cantores/as do ano anterior e tamén anotamos na lista a novos alumnos/as que queren formar parte do coro .
As fixemos dende o 3 ao 11 de outubro e puidemos comprobar a boa materia prima que temos de 2º a 6º.
Cos de 1º foi diferente. Os invitamos a probar durante 3 sesións para que puideran decidir con liberdade si a actividade lles gusta ou non.
Agora ¡XA ESTÁ TODO EN MARCHA!
En breve recibiredes noticias dos nosos compromisos para o Nadal.
GRAZAS POR SEGUIRNOS.
O CORO DO COLEXIO DE NOVO EN MARCHA
Xa comezaron os ensaios deste curso do coro do Colexio Nosa Señora dos Remedios.