Biblioteca
CONTACONTOS
CONTACONTOS-KALANDRAKA
O pasado día 15 de maio a editorial Kalandraka agasallou ao colexio cunha actividade de contacontos na Biblioteca para os alumnos e alumnas de 2º.
Dende aquí moitas GRAZAS a esta editorial polo seu gran traballo a prol da lectura e o idioma. Ademais a actividade resultou moi positiva e gratificante tanto para os nosos alumnos e alumnas coma para os mestres e mestras acompañantes. Outra vez GRAZAS POLA COLABORACIÓN.
CONCURSO DA BIBLIOTECA
CONCURSO: "SOÑOS DE ANDEL"
Despois dos actos da semana do Día do Libro, contacontos, charlas e talleres literarios coa autora do libro "Soños de andel", Susana Lamela; propuxose dende a Biblioteca un concurso con preguntas sobre o libro que os alumnos e alumnas foron respondendo e deixando nunha caixa.
A semana pasada abriuse a caixa e agasallouse aos acertantes cun libro asinado pola autora.
SEMANA DO LIBRO
SEMANA DO LIBRO
A semana pasada, co gallo do Día do Libro, e continuamos nesta, dende a Biblioteca propuxéronse sesións de contacontos a cargo das titoras/es facendo intercambios. Así como obradoiros coa escritora e mestra do cole Susana Lamela, que contou e escenificou o seu libro "Soños de andel" en E Infantil , e seguiuse con E. Primaria cos que ademais mantivo entrevistas. Tamén participaron mestras especialistas.
A continuación podedes ver a mostra do acontecido nestes días .
SESIÓNS DE CONTACONTOS NO COLEXIO
Nestes últimos días, promovida dende o Equipo de Biblioteca, levouse a cabo unha actividade de contacontos, sendo mestras do noso Colexio quen fixeron estas sesións cos distintos grupos de alumnos/as.
De novo, foi unha actividade que resultou moi interesante e agradable para o alumnado.
Cartas de Popi
INFORMACIÓN DENDE A BIBLIOTECA
A continuación podedes ver distinta información e actividades que se levaron a cabo dende a Biblioteca no curso pasado:
http://issuu.com/esther.prieto/docs/cartapopi
http://issuu.com/esther.prieto/docs/cartapopi2
XA CHEGOU TINTÍN O NOSO COLEXIO
Tódolos rapaces e rapazas do colexio preguntaban polas novidades da Biblioteca. Pedían as Bandas Deseñadas de Tintín..., e xa podemos dicir que forman parte da nosa Biblio.
Ademáis Popi dá os parabéns aos premiados do sorteo de TINTÍN, que por certo non foron poucos.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4