Skip to Content

Na Aula

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

OLA!!

Mañán é o DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

Os Bolechas queren contarvos quen foi Carvalho Calero e algo sobre a súa obra SCORPIO.

Premede no documento adxunto.

Bicos

AdxuntoTamaño
bolechas-libro-carvalho-calero.pdf2.15 MB

RETO 11º

Mirade que apetitoso é o reto da mestra de REFORZA-TE, Rosa.

BICOS

 https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipapostolosantiago/node/492

 

 

7º RETO

BO DÍA!

O reto de hoxe vai de maxia. Ollade para Mirian a titora - maga de 4º de E.I.

Bicos.

 

 

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipapostolosantiago/node/482

6º RETO

BO DÍA!

Hoxe deixovos o reto número 6. Vai de ciencia e experimentos.

Bicos.

 

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipapostolosantiago/node/481

 

QUEN SE ATOPA DENTRO DESTAS CABEZUDAS?

BO DÍA!

Chegaron unhas cabezudas moi curiosas..., adiviñades quen se atopa dentro delas?

Estas propostas pretenden facilitarvos esta tempada de confinamento, non son en absoluto obrigatorias. Se considerades que poden dificultar as vosas dinámicas diarias, non cumplirían coa súa función, é mellor non facelas.

Se queredes contactar comigo podedes facelo a través do correo rociocandalescovid19@gmail.com.

Bicos

 

https://view.genial.ly/5eac8d48eacf4c0d67167bc8/game-action-cabezudas

 

 

4º RETO

BO DÍA!

Parece que a nosa páxina está celebrando o día da danza e move as entradas, descolócaas...

Deixovos aquí o  noso 4º reto, que vai de música e ten moito que ver con este día.

Premede no enlace 

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipapostolosantiago/node/471

5º reto

Bo día!

Hoxe é o día da danza e tamén mércores, chega un novo reto e xa vamos polo 5º.

Premede no enlace e animádevos a danzar.

Un bico

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipapostolosantiago/node/474

HABELAS HAINAS. OS MAIOS

Hoxe a miña proposta tamén vai de música, lembrade que se achega a celebración dos maios e a música é imprescindible nas festas. 

Esta peza é dun grupo que se chama Habelas Hainas e na gravación do video participaron nenas e nenos da nosa escola. A ver se sodes quen de seguir o ritmo acompañando a esta peza. Podedes utilizar calquera obxecto que atopedes por casa. Culleres de pao, garfos, as mans ou mesmo os pés.

Por certo, lembrade facer o voso maio, cantas máis sexamos enviando fotos , máis maios apareceran na nosa casa.

Estas propostas pretenden facilitarvos estaa tempada de confinamento, non son en absoluto obrigatorias. Se considerades que poden dificultar o voso quefacer diario, non cumplirían coa súa función e é mellor non facelas.

Se queredes contactar comigo podedes facelo a través do correo rociocandalescovid19@gmail.com.

Premede no enlace.

BICOS

https://www.youtube.com/watch?v=EFA_M5WXcoA&list=RDEFA_M5WXcoA&start_radio=1

 

MAIOS CONFINADOS

Boa noite!

Mañán é un gran día!! e que casualidade... na páxina da nosa escola fannos unha proposta ben curiosa, celebrar OS MAIOS.

Se podedes apañade cousiñas na vosa saída para facer un maio confinado.  Pasádeo moi, moi ben mañán.  Tirade fotos, que logo quero ver o que fixestes.

Premede no enlace para enterarvos da nova dos MAIOS CONFINADOS.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipapostolosantiago/

 

3º RETO

Ola!

Estade atentas á paxina da escola, hoxe sae o 3º reto. Preme no enlace.

 Bicos

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipapostolosantiago/

 

CABEZUDAS

Bo día!

Hoxe estou moi contenta, recibín novas vosas, e encantoume ver todas as cousas que estades a facer. Aprendo moitísimo con vós, e cando vexo as cousas que facedes gústanme tanto que quero facelas.

Sabedes quen se esconde detrás destes cabezudos?

Onte recibín unha foto que me encantou e é por iso que vos quero propoñer unha actividade. 

Que fagades vós as vosos cabezudas e cabezudos e que me enviedes unha foto coa cabezuda posta, e outra sen a cabezuda, ao correo electrónico rociocandalescovid19@gmail.com, logo eu farei un xogo que vos enviarei para adiviñar quen se atopa dentro do cabezudo. O prazo para enviar as fotos é o luns até as 12.00 da noite.

Estas propostas pretenden facilitarvos esta tempada de confinamento, non son en absoluto obrigatorias. Se considerades que poden dificultar as vosas dinámicas diarias, non cumplirían coa súa función, é mellor non facelas.

Se queredes contactar comigo podedes facelo a través do correo rociocandalescovid19@gmail.com.

Bicos

Curtas sobre Ambiente e Ecoloxía

Olá!

No blogue da mestra de música, Laura, podedes atopar un montón de recursos. Premede no enlace e explorade! Eu estiven visualizando onte unhas curtas moi bonitas sobre ecoloxía, no apartado de entomoloxía e natureza.

https://lauramusicaemaiscousas.blogspot.com

 

DIA DO LIBRO

 Visitade a páxina da biblioteca, Lingoreta recibiu hoxe un agasallo lindísimooo!

 

https://biblioteca-vagalume.blogspot.com/2020/04/23-abril-dia-internacional-do-libro.html

 

HOXE COCIÑAMOS!

Bo día!

A miña proposta é que hoxe cociñedes. Deixovos unha receita que ten moito éxito na miña casa, están deliciosas e son moi fáciles de facer.

Estas propostas pretenden facilitarvos esta tempada de confinamento, non son en absoluto obrigatorias. Se considerades que poden dificultar as vosas dinámicas diarias, non cumplirían coa súa función, é mellor non facelas.

Se queredes contactar comigo podedes facelo a través do correo rociocandalescovid19@gmail.com.

Bicos

 

AdxuntoTamaño
receita crackers.pdf918.84 KB

GRAN CAMPIONATO DOS CALCETÍNS

Bo día!

Hoxe a miña proposta é un agasallo precioso que fixo Sara, unha profe amiga. Espero que vos guste tanto como a min. 

Obrigada Sara!

Estas propostas pretenden facilitarvos esta tempada de confinamento, non son en absoluto obrigatorias. Se considerades que poden dificultar as vosas dinámicas diarias, non cumplirían coa súa función, é mellor non facelas.

Se queredes contactar comigo podedes facelo a través do correo rociocandalescovid19@gmail.com.

Bicos

 

AdxuntoTamaño
XOGOS DO CALCETÍN.pdf934.32 KB

O CREBACABEZAS DAS NENAS E NENOS DE E.I.

Bo día!

Hoxe a miña proposta vai especialmente adicada ás nenas e nenos de 4º de E.I, consiste en facer un crebacabezas. Para que as pezas se vaian colocando no seu lugar, debedes contestar correctamente ás preguntas. 

Estas propostas pretenden facilitarvos esta tempada de confinamento, non son en absoluto obrigatorias. Se considerades que poden dificultar as vosas dinámicas diarias, non cumplirían coa súa función, é mellor non facelas.

Se queredes contactar comigo podedes facelo a través do correo rociocandalescovid19@gmail.com.

Premede no enlace que está debaixo da imaxe.

Un bico

  

https://view.genial.ly/5e96c8a1043e350e09fa52ce/game-o-crebacabezas-das-nenas-e-nenos-de-4o-de-ei

 

 

 

 

PRIMEIRO RETO

Olá!

Hoxe traio unha nova. O profesorado da nosa escola vai propor un reto, os luns, mércores e venres.

Este reto estará colgado na páxina da nosa escola. Estade pendentes, aparecerá ao longo da mañán. 

E como hoxe é luns, aí vai o primeiro.

Bicos

  

 

DÍA INTERNACIONAL DO CIRCO

Boa noite!

Sei que non é habitual que me atopedes por estes lugares tal día coma hoxe e a estas horas.

Hoxe é un día especial, hoxe é terceiro sábado de Abril.

DÍA INTERNACIONAL DO CIRCO, e é por iso que pensei que dadas as circunstancias estaria ben facer a miña pequena aportación para recoñecer o gran traballo que desenvolve a xente do circo. Premede no enlace.

Bicos

 

https://www.youtube.com/watch?v=TurAoJC9sRc

O XOGO DAS CHAPAS

Bo día:

Hoxe, a miña proposta é xogar ás chapas.

Precisades:

  • Tapóns de botellas, bricks ou chapas.

  • Unha candea.

  • Cola.

  • Recortes de xornal, revistas ou debuxos de personaxes.

Enchede as chapas con cera, acendendo as candeas. 

Unha vez seca a cera colar derriba a vosa personaxe.

Agora debedes debuxar no chan un circuito no que se atopará como mínimo unha saída, unha chegada e varias metas volantes. 

Estas propostas pretenden facilitarvos esta tempada de confinamento, non son en absoluto obrigatorias. Se considerades que poden dificultar o voso quefacer diario, non cumplirían coa súa función e é mellor non desenvolvelas.

Se queredes contactar comigo podedes facelo a través do correo rociocandalescovid19@gmail.com.

Bicos

 

ABOIARÁ OU AFUNDIRÁ?

Bo día!

 

Hoxe imos experimentar. Trátase de escoller obxectos que atopedes por casa e máis un recipiente cheo de auga. 

A proposta consiste en que antes de meter os obxectos na auga fagades as vosas hipóteses, aboiara? afundirá? Comprobade as vosas hipóteses.

A continuación podedes facer o experimento cunha pataca pequena, aboiará... afundirá....

Despois clavade na pataca tres rollas grandes ou máis se son de menor tamaño, que acontecerá agora? Comprobádeo introducindo a pataca coas rollas na auga.

 

Estas propostas pretenden facilitarvos estaa tempada de confinamento, non son en absoluto obrigatorias. Se considerades que poden dificultar o voso quefacer diario, non cumplirían coa súa función e é mellor non facelas.

Se queredes contactar comigo podedes facelo a través do correo rociocandalescovid19@gmail.com.

 

Un bico

 

 

CONSTRÚE O TEU MONICREQUE

Bo día!

Hoxe a miña proposta é a de facer marionetas, moi sinxelas pero moi divertidas. Seguide o paso a paso destas fotografías e logo se vos apetece ,enviade as fotos das vosas crecións a rociocandalescovid19@gmail.com.

Familias lembrade que estas propostas non son unha obriga, só cumplen a súa función se vos facilitan pasar un tempo ameno e divertido.

Un bico

TODO SAIRÁ BEN

Bo día!!

Remataron as vacacións e aquí estamos de novo. 

Para comezar o trimestre con forza, quero amosarvos unha espectacular proposta que fixeron unha compañeira e un compañeiro do noso centro. Mirade que mensaxe tan linda de ánimo. A ver se sabedes en que rúa de Santiago está pendurada esta faixa.

Un bico

 

CONTOS CONTADOS

Bo día!

Hoxe comezan as vacacións de Pascua! Como pasaremos uns días sen vernos por aquí, deixovos unha morea de contos contados para que poidades ver e escoitar. Clikade no enlace.

Familias lémbrade que ningunha destas actividades é obrigatoria, só pretenden facervos máis levadeiros estes momentos.

Nestes días seguirei pendente do correo, se queredes enviar fotos, comunicarvos comigo ou falar por video conferencia vía SKIPE, podedes facelo a través do correo rociocandalescovid19@gmail.com.

Un bico, vémonos por aquí, á volta, o 14 de Abril.

 

http://kalandraka.tv/gl/seccion2.php?id=33

 

2 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Olá: 

Sabedes que hoxe é o día do libro infantil e xuvenil? Lingoreta quixo darnos unha sorpresa.

Clikade no enlace e xa veredes...

Bicos

https://biblioteca-vagalume.blogspot.com/2020/03/2-abril-dia-internacional-do-libro.html

O XOGO DAS MANS E OS PÉS

Bo día!

Que tal vai todo? Como vos levantastes hoxe? Tedes enerxía para un xogo de movemento?

Pois aí vai...

Trátase de que debuxedes en papeis brancos as siluetas dos vosos pés e mans, tedes que ter en conta que son diferentes a da man dereita e a esquerda e o mesmo ocorre coas dos pés.

Unha vez finalizadas, debedes pegalas no chan, formando ringleiras de tres. En cada ringleira deben ir siluetas de mans e de pés..

Colocamos cantas ringleiras desexemos. 

O xogo consiste en ir pasando dunha ringleira a outra, colocando as mans e pés onde nos indiquen as siluetas.

Familias lémbrade que ningunha destas actividades é obrigatoria, só pretenden facervos máis levadeira esta corentena.

Se queredes enviar fotos, comunicarvos comigo ou falar por video conferencia vía SKIPE, podedes facelo a través do correo rociocandalescovid19@gmail.com.

Un bico.

AXUDA AO COCHE VERMELLO

Bo día!

Hoxe propóñovos axudar a un coche vermello a sair do aparcadoiro, está atrapado e vós podedes axudalo apartando os coches para que poida sair. Clikade derriba do enlace para xogar.

Familias lémbrade que ningunha destas actividades é obrigatoria, só pretenden facervos máis levadeira esta corentena.

Se queredes enviar fotos ou comunicarvos comigo, podedes facelo a través do correo rociocandalescovid19@gmail.com.

Bicos

 

https://www.mathplayground.com/pg_car_park_puzzle.html

VIDEOCONFERENCIA

Bo día!

Familias, nestes momentos complexos que estamos a pasar, quizabes a vosa labor se facilite e ao mesmo tempo mellore o benestar emocional das nenas e nenos, se manteñen contacto con persoas ás que habitualmente ven na escola. Se queredes, podemos falar por video conferencia, vía SKIPE. Para combinar mandádeme un correo a rociocandalescovid19@gmail.com.

Un bico.

Facemos un comedeiro para paxaros

Boas a todas e todos!

Gustaríame presentarvos unha nova maneira de observar a natureza, aínda que non esteamos no campo. 

Se facemos un sinxelo comedeiro de paxaros, poderemos facer que sexan eles os que nos veñan a visitar ás nosas fiestras e balcóns. 

A idea é que , ao igual que facemos en Entomoloxía, apliquemos o método científico á observación. Facendo un reconto de cantas veces veñen a vernos, que paxaros veñen máis veces. Debuxar os paxaros e tratar de identificalos mediante fotos e coa axuda da rede. 

Este documento está publicado no blog de Música e Máis Cousas. Pero como o presentei nun PDF, tamén podedes descargalo aquí. 

 

Un saúdo e unha aperta,

Laura

AdxuntoTamaño
Comedeiro de paxaros.pdf19.49 MB

AS SETE DIFERENZAS

Bo día!

Hoxe propoñovos atopar as sete diferenzas entre estas dúas fotografías.

Familias, o tempo vai pasando pouco a pouco , axiña esta experiencia será unha anécdota que lembraremos durante moito tempo. Moita forza , estades a facelo xenial!

Se queredes enviar fotos ou comunicarvos comigo, podedes facelo a través do correo rociocandalescovid19@gmail.com.

 

XOGO CON DADOS

Bo día!

Hoxe a miña proposta consiste en xogar con dados.  Familias, lembrade que estas propostas para nada son obrigatorias e que se van supor unha carga engadida ás vosas tarefas diarias, mellor non facelas. Sodes xeniais e estades a desenvolver unha labor fundamental para superar estes difíciles momentos.

Neste xogo pode haber variables, e poñer vós as vosas propias normas, por exemplo, variar o número e xeito de colorear na cuadrícula segundo o número que saia no dado ou poñer como condición que se debe colorear sempre ao carón doutros cadros xa coloreados, procurando non deixar espazos polo medio... .

Aí vos deixo a proposta en pdf.

Se queredes enviar fotos ou comunicarvos comigo, podedes facelo a través do correo rociocandalescovid19@gmail.com.

Un bico e Moita Forza!

 

AdxuntoTamaño
o xogo dos dados-2.pdf23.94 KB

PROPOSTAS DE OCIO EN CORENTENA

Boa tarde!

Hoxe como é sábado, acordei un pouco tarde, pero nom me esquezo de vós.

Traiovos unha morea de propostas de actividades da man de FEAFES GALICIA, a Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidades Mentais De Galicia.

Espero que as desfrutedes e xa sabedes... se queredes comunicarvos comigo, podedes facelo a través do correo rociocandalescovid19@gmail.com.

Un bico

http://feafesgalicia.org/GL

 

AdxuntoTamaño
Proposta de ocio en corentena.pdf8.34 MB

PROPOSTAS DE OCIO EN CORENTENA

Boa tarde!

Hoxe como é sábado, acordei un pouco tarde, pero nom me esquezo de vós.

Traiovos unha morea de propostas de actividades da man de FEAFES GALICIA, a Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidades Mentais De Galicia.

Espero que as desfrutedes e xa sabedes... se queredes comunicarvos comigo, podedes facelo a través do correo rociocandalescovid19@gmail.com.

Un bico

http://feafesgalicia.org/GL

 

LINGORETA BÓTAVOS EN FALTA

Non esquezades visitar o blogue da nosa biblioteca, hai cousas ben interesantes...

 

https://biblioteca-vagalume.blogspot.com/2020/03/euquedonacasa-contacont...

PAXAROS NAS NOSAS XANELAS

Bo día!

Hoxe xa é venres de novo, o tempo vai pasando aos pouquiños e xa logo nos veremos e brincaremos ao carón da escola.

 Que será dos paxariños que adoitan pasear polo noso patio? Haberá máis ou menos pombas que cando hai nenas e nenos?

 A miña proposta de hoxe está relacionada con eses animais que nos acompañan no patio.

 Colocade coa axuda das persoas adultas coas que estexades, migas de pan ou biscoito no peal da xanela, por fóra. Esperade e observade dende lonxe, a ver se aparece algún dos paxaros que xa coñecedes.

 Se as vosas xanelas non dan ao exterior, observade o material que vos deixo aquí abaixo.

Hai tarxetas con paxaros, os seus nomes científicos e se teñen ou non dimorfismo sexual é dicir se os machos e femias presentan características diferentes.

 No enlace tedes un montón de paxaros con información e tamén como son os seus cantos.

 Familias, sen vós a superación destes momentos de crise sería imposible. Se non sodes quen de desenvolver esta actividade coas vosas nenas e nenos, non vos preocupedes, todo sairá ben, estas propostas non son para nada imprescindibles.

 Se queredes enviar fotos ou comunicarvos comigo, podedes facelo a través do correo rociocandalescovid19@gmail.com.

 Un bico enorme.

 

Enlace: https://gl.wikipedia.org/wiki/Lista_das_aves_de_Galicia

AdxuntoTamaño
PAPORRUBIO.pdf1.32 MB

UNHA IMAXE NO MEU ORDENADOR

Bo día!

Ahí vai a proposta de hoxe... .

Familias,  coma sempre sodes imprescindibles, precisamos un colo, con sitio para as crianzas que teñades na casa.

Buscade un sitio tranquilo, o chan, o sofá, a cama... Abrazádevos, e respirade fondo...

Hoxe pola mañán apareceu na pantalla do meu ordenador, esta fotografía. Que vos parece? Teño moitísimas dúbidas e quería que vós me axudarades a resolvelas. Que faría eu sen vós?

Por que credes que Irene sorrí cando zoa o vento?

Como credes que sería a casa ou o piso de Irene na cidade?

Como chegou Irene á súa nova casa?

En que pasa o tempo Irene ao longo do día?

Como consigue a comida?

Cal é a súa comida preferida?

Cantos cuartos ten a casa de Irene?

Ti que preferirías vivir na cidade ou na casa de Irene?.

Se queredes comunicarvos comigo, podedes facelo a través do correo

rociocandalescovid19@gmail.com.

Un bico

Instrucións 19 de marzo 2020. COVID-19 e persoas TEA

A continuación poñemos a vosa disposición a seguinte información en relación as Instrucións do 19 de marzo de 2020 firmadas polo Ministro de Sanidade e  publicadas no BOE num.76, do 20 de marzo 2020, que fan referencia a posibilidade e permiso das persoas con diagnóstico TEA e con conductas disruptivas, a saír a rúa acompañadas.

O texto explicíta a hablitación da seguinte forma: “ a las personas con discapacidad, que tengan alteraciones conductuales, como por ejemplo personas con diagnóstico de espectro autista y conductas disruptivas, el cual se vea agravado por la situación de confinamiento derivada de la declaración del estado de alarma, y a un acompañante, a circular por las vías de uso público, siempre y cuando se respeten las medidas necesarias para evitar el contagio".

O contido completo de ditas Instrucións pode consultarse no seguinte enlace:

https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2020-3898

 Aínda que no texto legal non se establece ningún requisito no referente a documentación, recoméndase que a persoa nas súas saídas, leve consigo a seguinte documentación:

Certificado oficial de recoñecemento de Discapacidade. 

Prescripción dun/a profesional sanitario ou social.

Copia de la Instrucción de 19 de marzo de 2020, do Ministerio de Sanidade, pola que se establecen criterios interpretativos para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19.

Informes médicos, psicolóxicos ou sociaies complementarios nos que se describan as necesidades individuais e/ou a existencia de dificultades conductuais. 

 

PLANTAMOS UNHA HORTA

Bo día !

Que tal vos foi onte na Baño-Praia?

Hoxe parece que tamén fai un día fantástico. O sol a entrar pola xanela invítanos a plantar unha pequena horta... .

Aí vai a proposta de hoxe:

Elixe seis tarros de cristal.

  1. Introduce dentro de cada tarro sementes de lentellas, fabas e garavanzos, de maneira que teñades dous tarros con lentellas, dous con fabas e dous con garavanzos.

  2. En cada tarro colocamos un pouco de algodón ou tecido e humedecémolo, OLLO só ten que estar un pouco húmido, non moi mollado, non é preciso regalos todos os días.

  3. Collemos tres tarros, un con lentellas, outro con fabas e o terceiro con garavanzos. Situámolos perto dunha xanela.

  4. Dos outros tres tarros, un introducímolo nunha caixa fechada, sen luz, e mantemos a semente húmida, o outro colocámolo perto da xanela, ao aire pero non o regamos nunca e o terceiro regámolo todos os días.

  • Observade que é o que pasa coas diferentes sementes.
  • Que pensades que vai pasar con cada unha das sementes?
  • Terán todas o mesmo aspecto?
  • Canto pensades que poden chegar a medir? (introducide un pauciño dentro do bote e facede unha marca).

Familias se conseguides facer esta experiencia coas vosas nenas e nenos pois xenial, se non, xenial tamén, de seguro que estades desenvolvendo funcións fundamentais para o benestar do voso entorno e isto facilita o benestar das vosas fillas e fillos.

Se convivides con nenas e nenos maiores podedes propoñer:

  • Que escriban os nomes das sementes nos tarros
  • Que escriban o que pensan que sucederá coas diferentes sementes (gardade estes escritos para comprobalos posteriormente).
  • Que marquen todos os días nos pauciños as medras das plantas... . 

Se queredes enviar fotos da vosa horta particular, ou comunicarvos comigo, podedes facelo a través do correo rociocandalescovid19@gmail.com.

Que pasedes un bo día!!

 

 

HOXE IMOS Á BAÑO-PRAIA

AÍ VOS VAI A PROPOSTA DE HOXE:

Parece que saiu o Sol, o caloriño entra polas xanelas e parece que os días son cada vez máis longos. Hoxe é un bo día para sacar os traxes de baño do armario, buscar os óculos de mergullar, a pa e o caldeiro. Hoxe toca excursión á Baño – praia . Que non sabedes onde está? Aquí vos deixo unhas pistas....

É moi importante tumbarvos na vosa marabillosa toalla de praia, logo do baño, na area-baldosa. Ah! E por certo, non esquezades a merenda que despois de mergullar sempre entra unha fame inmensa.

Grazas a Joana, Duarte e Aldam por esta proposta.

EU FICO NA CASA

Bo día! 

Como vai todo? Sodes xeniais! Xa levades un montón de días cumplindo co “EU FICO NA CASA”

Sabedes que sodes un piar fundamental para superar este virus?

Quero ofrecervos propostas para que este tempo pase o máis axiña posible.

Familias! Estades a facer un traballo IMPRESIONANTE. Sabemos das dificultades coas que vos estades atopando. Estas propostas tan só pretenden facilitarvos un pouco estes difíciles tempos que nos tocou vivir. Non vos sintades para nada obrigadas a desenvolvelas se isto vai dificultar aínda máis a vosa labor nestes momentos.

MOITA FORZA AMIGUIÑAS E AMIGUIÑOS!

 

Debuxos infantil

Imaxes subidas con efecto ligthbox

    

Distribuir contido


by Dr. Radut