Skip to Content

Na Aula

Stop Motión

Súbovos o vídeo que fixo Abel e do que falamos na reunión de antonte.

Un dos programas gratuítos que se poden descargar no móbil é Pic pac. Na aula virtual,  en mates, tedes a proposta de movementos que tedes que facer como exercicio. Logo seguro que facedes outros deixando voar a a imaxinación. Animádevos.

AdxuntoTamaño
abel_stopmotion (1).mp44.45 MB

Os Instrumentos Musicais

Nesta nova Unidade Didáctica presentaremos os Instrumentos Musicais, as súas características e os seus sons. Esta unidade consta de catro temas que podedes ir vendo espaciados no tempo. 

Xa sabedes que non tedes que velo todo nunha semana, e que podedes ir entrando cando queirades, pois estará no blogue ata Xuño. 

Como xa sabedes estes materiais están accesibles, e sen necesidade de descarga no blogue Música e más Cousas.

Tamén se vos propoñen algunhas tarefas que podedes enviar por mail ou publicar nos comentarios.  

 

AdxuntoTamaño
instrumento.jpg224.34 KB

Tarefa de linguas de 3º de EP

Ola!Imos aló coa seguinte tarefa.

Fai  conta dos días que pasaron dende que fuches á escola o último día.

Seguro que neses días pasaron moitas cousas , tes que escoller as tres ou catro mellores que che pasaron e contarllas aos teus compañeiros e compañeiras de aula.Para rematar cóntanos algunha actividade que fixeches que che gustou moito e que pensas que podería relizala o resto da clase. Podes escribilo en castelá ou en galego  e coma sempre estaría moi ben que lle puxeras un título e o ilustraras.

A seguinte actividade xa estará o mércores na aula virtual.

Moitas apertas.

Delfina

Vídeo do alumnado de primeiro de primaria

Boas tardes!!!!O alumnado e as familias continúan  facendo vídeos e hoxe tocoulles o turno aos de primeiro.

Está precioso... Non volo perdades

Moitas grazas.

AdxuntoTamaño
gabi 2 (1).mp47.02 MB

Video de 5º

Aí tedes o vídeo que fixeron as vosas compañeiras e compañeiros de quinto ... A ver se vos animades a facer máis

AdxuntoTamaño
Vídeo_quinto.mp414.4 MB

Traballos de primavera 3º de EP

Subimos os primeiro taballo...a ver se vos animades e ides enviando máis...

Chegou o segundo!

Que ben !! Xa temos o terceiro... Imos a polo cuarto

Xa temos o cuarto cunha  moi boa idea, púxolles un  nome propio moi acaído a cada unha. Ademáis viña con sorpresaaaa, non só o escribiu e ilustrou ... tamén o conta. Mirade o vídeo

Outro máis . Neste caso o vos compañeiro dacantouse por outro formato, mirade que chulo..

Chegamos á media ducia. Seguimos esperando máis.

AdxuntoTamaño
Traballo_Mateo_L.pdf1.11 MB
Ficha3_2_Xián.pdf400.64 KB
CeltiaMoronho_arbores.pdf392.31 KB
Traballo_Abel.pdf4.69 MB
ABEL_o espertar de calero e magosto.mp422.16 MB
XanTuñezBalNatura.pdf31.52 MB
CARBALLO E CASTIÑEIRO (2).jpg9.03 KB
CARBALLO E CASTIÑEIRO (1).jpg9.91 KB

Facemos un comedeiro para paxaros

Boas a todas e todos!

Gustaríame presentarvos unha nova maneira de observar a natureza, aínda que non esteamos no campo. 

Se facemos un sinxelo comedeiro de paxaros, poderemos facer que sexan eles os que nos veñan a visitar ás nosas fiestras e balcóns. 

A idea é que , ao igual que facemos en Entomoloxía, apliquemos o método científico á observación. Facendo un reconto de cantas veces veñen a vernos, que paxaros veñen máis veces. Debuxar os paxaros e tratar de identificalos mediante fotos e coa axuda da rede. 

Este documento está publicado no blog de Música e Máis Cousas. Pero como o presentei nun PDF, tamén podedes descargalo aquí. 

 

Un saúdo e unha aperta,

Laura

AdxuntoTamaño
Comedeiro de paxaros.pdf19.49 MB

3º de EP Chegou a primavera á nosa aula

Na ficha adxunta tedes unha tarefa , desta vez  lingua e ciencias. Podedes escribila en galego ou en castelán.

Logo con todas as historias faremos un libro ... moitos ánimos 

AdxuntoTamaño
Ficha3º_2.pdf992.07 KB

1º Primaria

Ideas para xogar e traballar os números ata o 100

  • Comezar nun número calquera (inferior a 100) e ir de 2 en 2 ata 100, de 3 en 3 e de 5 en cinco.

  • Comezar nun número inferior a 70 e ir cara atrás de 2 en 2, de 3 en 3 ou de 5 en 5.

  • Buscar dous números que sumen 10, 20, 30...

  • Dicirlles un número calquera e que digan o anterior e o posterior.

  • Utilizar as expresións: maior que... menor que... e igual que...

  • Pensar un número e que teñan que adiviñalo dando pistas como: nas decenas hai un 3, nas unidades hai un 2.

  • Tamén podedes practicar cos típicos xogos como: o parchís, a oca ou o bingo e incluso elaborar os vosos propios taboleiros.

Instrucións 19 de marzo 2020. COVID-19 e persoas TEA

A continuación poñemos a vosa disposición a seguinte información en relación as Instrucións do 19 de marzo de 2020 firmadas polo Ministro de Sanidade e  publicadas no BOE num.76, do 20 de marzo 2020, que fan referencia a posibilidade e permiso das persoas con diagnóstico TEA e con conductas disruptivas, a saír a rúa acompañadas.

O texto explicíta a hablitación da seguinte forma: “ a las personas con discapacidad, que tengan alteraciones conductuales, como por ejemplo personas con diagnóstico de espectro autista y conductas disruptivas, el cual se vea agravado por la situación de confinamiento derivada de la declaración del estado de alarma, y a un acompañante, a circular por las vías de uso público, siempre y cuando se respeten las medidas necesarias para evitar el contagio".

O contido completo de ditas Instrucións pode consultarse no seguinte enlace:

https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2020-3898

 Aínda que no texto legal non se establece ningún requisito no referente a documentación, recoméndase que a persoa nas súas saídas, leve consigo a seguinte documentación:

Certificado oficial de recoñecemento de Discapacidade. 

Prescripción dun/a profesional sanitario ou social.

Copia de la Instrucción de 19 de marzo de 2020, do Ministerio de Sanidade, pola que se establecen criterios interpretativos para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19.

Informes médicos, psicolóxicos ou sociaies complementarios nos que se describan as necesidades individuais e/ou a existencia de dificultades conductuais. 

 

1º de PRIMARIA MATEMÁTICAS

 

LAS CASITAS DE LAS DECENAS

Con las casitas de las decenas trabajaremos las decenas, las unidades, como se escriben los números y la descomposición. Aquí tenéis un ejemplo de cómo se trabajaría con la casita del 10.

 

 

LA CASITA DEL 10

¿Cuántos dieces tienen los números que viven en esta casita?

Descompón cada número y escribe el número con letras.

Ejemplos:

10 = 1D 0U = 10 + 0    diez 

11 = 1D 1U = 10 + 1    once

12 =

13 =

14 =

15 =

16 =

17 =

18 =

19 =

 

Continúa con las siguientes casitas.

 

¡Ánimo!  ¡A ver hasta que decena llegas!

 

Arts

Boas familias, aquí van algunhas ideas para que a arte non se perda!

Deixo o link ao debuxo paso a paso que realizou Leandro Lamas, van aparecendo as fotos coa explicación abaixo para poder seguir os pasos e está xenial, espero que vos animedes.

https://www.facebook.com/leandro.lamas.7/media_set?set=a.10217231893214815&type=3&__cft__[0]=AZU1XF-CUjbO0JxaX9G4v09WbxsQviitvHK6A6C7_4RMgaCJ-ZS_4js50QFeJd1vUW4OudXbZoV4OK90821hRX0A4UtykJeFEJXvIIktfZJeWgHfcU-FqO1NJ9oIz4XOwWqdmo3_vM_Yeoojf9MBTHCwpmOxUmA5JdNoRHWYw0R8kw

Tamén vos deixo un link para realizar algunha manualidade de reciclaxe:

https://www.youtube.com/watch?v=jqb_RuuWVWI

Por último por se estades interesados deixo links a diferentes aplicacións de realidade aumentada

 

 

 

1º de PRIMARIA

Bos días a todas e a todos!

Aquí vos deixo un primer traballiño para que poidades realizar na casa, xa falaramos de facer un diario con todo aquilo que imos vivindo nestes días nas nosas casas e cas nosas familias. Pero para dinamizar un pouco o texto e facelo máis divertido e variado podemos utilizar o modelo das fichiñas de lectura.

Por exemplo, se un día cociño con papá ou mamá podo contalo no diario; con quen fixen a receita, de que era, en que axudei eu, foi divertido? e facemos un debuxo para ilustrar a tarefa, ah! e non vos esquezades de poñer se vos gustou, se vos gustou máis ou menos, ou non vos gustou nadiña....

Se un día vedes unha película podedes facer o mesmo, ou o día que fixéchedes deporte todos xuntos,... asi cando regresemos ó cole, cada un de nos terá o seu propio diario, cheo de anécdotas e debuxos.

Este diario podémolo deixar na biblioteca de aula e cada día ler algún, comentar cos outros compis o que eles fixeron en familia e partillar entre nos o que foron estes días.

Colgarei unha fichiña a modo de exemplo pero podedes facelo coma vos queirades.

Anímate, pode ser moi divertido!!

Modelo ficha

5º de Educación Primaria

O alumnado de 5º de EP,  conta cunha nova materia “Traballo para realizar na casa” na plataforma EVA coas tarefas correspondentes a cada materia para realizar durante este período.

 

Actividades 2º

AdxuntoTamaño
Actividades 2º.pdf265.78 KB

Actividades CAFI

 Traballos CAFI
Dende o CAFI envíannos estas páxinas que poden ser de utilidade. - Como explico unha epidemia aos máis cativos?:
https://www.unicef.es/educa/blog/explicar-epidemia-educacion-infantil
-O novo coronavirus e o dereito á educación:
https://www.unicef.es/blog/nuevo-coronavirus-derecho-educacion
-#EducaCOVID19: Por que é importante educar sobre o coronavirus?:
https://www.unicef.es/educa/blog/covid19-por-que-es-importante-educar-sobre-el-nuevo-coronavirus
-Para facer fronte ao novo coronavirus desde casa: Uso saudable das tics:
https://www.unicef.es/educa/blog/uso-saludable-tics
-Educación contra o coronavirus: 10 tarefas da rutina diaria:
https://www.unicef.es/educa/blog/10-tareas-rutina-diaria-familia

 

AdxuntoTamaño
TraballosCafi.odt12.85 KB

Actividades (Covid19) para 3º de Primaria

Actividades de mates e lingua para 3º de primaria.

Poden adaptarse para outros cursos cambiando as cantidades por outras máis pequenas ou maiores e modificando as operacións para adaptalas ao que se fai en cada curso.

Fixádevos no exemplo, vós tedes  que facer o mesmo cada día con nove cantidades diferentes.  Le un pouco todos os días e desfruta moito da túa familia.

 

Vémonos .... moitas apertas
                                             Delfina

 Achego un adxunto para descargar estes exercicios:

AdxuntoTamaño
Ficha 3º.pdf31.47 KB
Distribuir contido


by Dr. Radut