Skip to Content

Valores

1º de PRIMARIA VALORES

Queridas familias!

Quixera comezar, en valores, cun proxecto titulado: O noso castelo de emocións. Normalmente o traballo en 2º de EP, pero dadas as circunstancias gustaríame presentárvolo agora para quen queira traballalo na casa, en familia. O que se pretende traballar con este proxecto é sobre todo, o autocoñecemento dos nenos e nenas, a través das fortalezas personais nas que se basa a Psicoloxía Positiva.

As fortalezas tería que traballalas na aula e ca participación das familias, dende a casa, a través dunhas actividades curtiñas e moi sinxelas. Neste caso queda “aplazado” o traballo de aula ata que nos xuntemos de novo. Pero penso que pode ser un traballo interesante, en familia e con moito que aportar.  Estas son as fortalezas que escollín para estas semanas de confinamiento: Da fortaleza Sabiduría e coñecemento traballaremos aCreatividade, da Trascendencia aBeleza e excelencia, Gratitude, Esperanza e optimismo, Sentido do humor e Espiritualidade e da Humanidade: Amor, Intelixencia social.

Espero que vos animedes a participar, penso que todos imos aprender moito e a descubrir moitos tesouros agochados nas nosas nenas e nenos e na nosa familia.

Introdución para as familias:

A primeira fortaleza que imos traballar é a Beleza que pertence a virtude de transcendencia.

A apreciación da Beleza, está moi relacionada ca elevación, o asombro, a admiración, a sorpresa ou o marabillarse. Convírtese nunha fortaleza cuando as personas descubren a beleza e a excelencia ó seu redor e esta experiencia deixalles unha marabillosa mixtura de relaxación e gañas de reaccionar de forma positiva. Con palabras máis sinxelas, con esta virtude de trascendencia buscaremos que descubrades que formades parte dun mundo cheo de beleza, nas persoas que se atopan ó voso lado, na natureza que vos rodea, no que somos capaces de facer e crear. Que saibades atopar a beleza e a disfrutala como fonte de pracer e benestar.

Aquí tedes a primeira fichiña para traballar en familia. Nestas dúas actividades o que queremos é decatarnos da Beleza do que nos rodea, comenzando polas personas que nos queren, a familia máis próxima, e logo prolongar esta descuberta a nosa contorna, a natureza que forma parte da nosa vida cotiá (e que tanto nos fai falta agora) ou incluso de libros, acción, música ou pinturas que nos deixan marabillados. Que Disfrutedes do que vos rodea sentindoos parte desa Beleza.

Distribuir contido


by Dr. Radut