Skip to Content

PLANTAMOS UNHA HORTA

Bo día !

Que tal vos foi onte na Baño-Praia?

Hoxe parece que tamén fai un día fantástico. O sol a entrar pola xanela invítanos a plantar unha pequena horta... .

Aí vai a proposta de hoxe:

Elixe seis tarros de cristal.

  1. Introduce dentro de cada tarro sementes de lentellas, fabas e garavanzos, de maneira que teñades dous tarros con lentellas, dous con fabas e dous con garavanzos.

  2. En cada tarro colocamos un pouco de algodón ou tecido e humedecémolo, OLLO só ten que estar un pouco húmido, non moi mollado, non é preciso regalos todos os días.

  3. Collemos tres tarros, un con lentellas, outro con fabas e o terceiro con garavanzos. Situámolos perto dunha xanela.

  4. Dos outros tres tarros, un introducímolo nunha caixa fechada, sen luz, e mantemos a semente húmida, o outro colocámolo perto da xanela, ao aire pero non o regamos nunca e o terceiro regámolo todos os días.

  • Observade que é o que pasa coas diferentes sementes.
  • Que pensades que vai pasar con cada unha das sementes?
  • Terán todas o mesmo aspecto?
  • Canto pensades que poden chegar a medir? (introducide un pauciño dentro do bote e facede unha marca).

Familias se conseguides facer esta experiencia coas vosas nenas e nenos pois xenial, se non, xenial tamén, de seguro que estades desenvolvendo funcións fundamentais para o benestar do voso entorno e isto facilita o benestar das vosas fillas e fillos.

Se convivides con nenas e nenos maiores podedes propoñer:

  • Que escriban os nomes das sementes nos tarros
  • Que escriban o que pensan que sucederá coas diferentes sementes (gardade estes escritos para comprobalos posteriormente).
  • Que marquen todos os días nos pauciños as medras das plantas... . 

Se queredes enviar fotos da vosa horta particular, ou comunicarvos comigo, podedes facelo a través do correo rociocandalescovid19@gmail.com.

Que pasedes un bo día!!

 

 



contido_mestres | by Dr. Radut