Hoxe a miña proposta tamén vai de música, lembrade que se achega a celebración dos maios e a música é imprescindible nas festas.
Esta peza é dun grupo que se chama Habelas Hainas e na gravación do video participaron nenas e nenos da nosa escola. A ver se sodes quen de seguir o ritmo acompañando a esta peza. Podedes utilizar calquera obxecto que atopedes por casa. Culleres de pao, garfos, as mans ou mesmo os pés.
Por certo, lembrade facer o voso maio, cantas máis sexamos enviando fotos , máis maios apareceran na nosa casa.
Estas propostas pretenden facilitarvos estaa tempada de confinamento, non son en absoluto obrigatorias. Se considerades que poden dificultar o voso quefacer diario, non cumplirían coa súa función e é mellor non facelas.
Se queredes contactar comigo podedes facelo a través do correo rociocandalescovid19@gmail.com.
Premede no enlace.
BICOS
https://www.youtube.com/watch?v=EFA_M5WXcoA&list=RDEFA_M5WXcoA&start_radio=1