Artigos

REINICIANDO AS METEOESCOLAS NO CURSO 24/25

Retomamos as Meteoescolas neste curso 2024/25 e como ao alumnado xa está moi afeito a observar o ceo, o 18 de setembro chegaron ao cole estranados por ter un ceo tan escuro sen haber nubes. Rapidamente foron preguntar ás mestras e descubriron que ese fenómeno era o fume do incendios de Portugal, que cubriron o ceo de Galicia e daba a sensación de estar vivindo un eclipse de Sol.

O grupo de 5ºA decidiu realizar unhas fotos onde se ve saír o Sol tras a montaña fronte á nosa escola e posteriormente posaron eles para lembrar ese día extraordinario.

Moito ánimo a Portugal e, non esquezades que se coidamos os nosos bosques, evitaremos o cambio climático!!!

COMEZAMOS UN NOVO CURSO METEOROLÓXICO!

O curso 2023/24 xa comezou, e con el retomamos a observación do tempo e a recollida de datos. Durante o mes de setembro tivemos unhas temperaturas máis altas do habitual, que duraron ata a primeira quincena de outubro. A partir desa data comezaron as chuvias intensas, acompañadas de ventos fortes.

O alumnado da nosa escola comezou a recoller os datos no mes de outubro na caseta meteorolóxica e farémolo ata xuño.

Unha incidencia que se produxo durante a segunda quincena de outubro é que un día chegamos e o fermoso cataventos que construiron unhas alumnas o pasado curso e que estaba amarrado á caseta, apareceu dobrado e caído. Esa mesma noite producíronse refachos de vento moi fortes, polo que pensamos que puido ser esa a causa.

Arranxarémolo o máis cedo posible para poder volver a colocalo e así observar a dirección do vento.

Bo curso meteorolóxico a todas e todos!

RENOVANDO O RECUNCHO METEOESCOLAS

No inicio deste curso, renovamos o recuncho de rexistro de datos de Meteoescolas. Retiramos murais en mal estado, restauramos otros, reutilizamos outros con zonas novas e ampliamos a zona de rexistro. Aproveitando os debuxos da nosa mascota Papirus con diferentes meteoros, creamos un xogo de clasificar no seu lugar correspondente as imaxes.

Conseguimos así que todo sexa máis intuitivo e visual para que o alumnado comprenda mellor o rexistro meteorolóxico.

6º VISITA METEOGALICIA

O día 20 de xuño o alumnado de 6º viaxou xunto coas súas mestras a Santiago de Compostela. O primeiro que fixeron foi visitar Meteogalicia onde recibiron unha charla informativa, e tiveron a oportunidade de ver como se lanza unha radiosonda meteorolóxica que, impulsada por un globo, proporciona información sobre o estado da atmosfera. A rapazada seguiu con moito interese o percorrido da radiosonda, gozou moito desta actividade e espertoulles curiosidade.

Só nos queda agradecerlle ao persoal de Meteogalicia o seu recibimento e atencións para co alumnado e profesorado.

Proxecto NUBES II

Os Furabolos da Pedra, de 4º de infantil, presentan a segunda parte do seu proxecto sobre as nubes. Premede no enlace para poder velo!

 

http://osfurabolosdapedra.blogspot.com/2023/05/proxecto-nubes-ii.html?m=1

 

Precioso proxecto, profes Teruca, María e Furabolos!!!

Os Pelouros e a Meteoroloxía

Neste curso, os Pelouros de 4º Infantil observaron o tempo cada día. Ao rematar o mes facían un reconto con diversos materiais manipulativos como palliñas, regletas, pauciños...

Nos seguintes enlaces, podedes ver as entradas que fixeron no seu blog cada mes:

- Outubro

 http://pelourosdebueu.blogspot.com/2022/10/meteoescolas-o-tempo-en-outubro.html

 

- Novembro

 http://pelourosdebueu.blogspot.com/2022/11/meteoescolas-o-tempo-en-novembro.html

 

 - Decembro

 http://pelourosdebueu.blogspot.com/2023/01/meteoescolas-o-tempo-en-decembro.html

 

- Xaneiro

 http://pelourosdebueu.blogspot.com/2023/02/meteoescolas-o-tempo-en-xaneiro.html

 

- Febreiro

 http://pelourosdebueu.blogspot.com/2023/03/meteoescolas-tempo-en-febreiro.html

 

- Marzo

 http://pelourosdebueu.blogspot.com/2023/04/meteoescolas-o-tempo-en-marzo.html

 

- Abril

 http://pelourosdebueu.blogspot.com/2023/06/meteoescolas-o-mes-de-maio.html

 

- Maio

 http://pelourosdebueu.blogspot.com/2023/06/meteoescolas-o-mes-de-maio.html

 

Gran traballo da profe Toñi e os Pelouros!!

ESTREAMOS CASETA METEOROLÓXICA!!!

Durante o mes de maio, o alumnado de 1º volveu á caseta meteorolóxica para recoller os datos de primavera. Coincidiu nunha época de bastante calor e tamén de treboadas, polo que puidemos recoller algo de chuvia do Pluviómetro, que sempre nos encanta.

Ademais tivemos a ocasión de estrear a nova CASETA METEOROLÓXICA!

A caseta que tiñamos antes estaba xa moi velliña e mesmo non tiña porta... Por tanto, encargouse unha caseta nova ao módulo de carpintería da Asociación Juan XXIII de Cangas. Elaborárona con moito cariño e quedou moi bonita e forte, lista para aguantar moitos cursos máis!!!

POETAS METEOROLÓXICOS

A semana anterior a Semana Santa, tocounos ao curso de 4ºA recoller os datos da caseta meteorolóxica. Desta vez, tivemos un pouco de todo: tanto sol coma choiva.

Coma neste trimestre estivemos estudando a poesía, decidimos inventarnos por equipos uns poemas sobre meteoroloxía. Ollade a continuación o ben que nos saíron!

 

 

 

 

 

 

NON PAROU DE CHOVER!

Na semana do 21 ao 25 de novembro á nosa clase de 4ºA tocounos recoller os datos da caseta meteorolóxica. É unha actividade que nos gusta moito cada vez que nos toca e desta vez case todas as mañás choveu. Algúns de nos ata nos enchoupamos! Foi moi emocionante adiviñar canta chuvia recollera o pluviómetro todas as mañás.

Aquí vos deixamos algunhas fotos. Estamos desexando que nos toque outra vez!