VISITAS ESPECIAIS

O mércores 5 de Abril convidamos no centro a Iago López para realizar un contacontos sobre os libros que estuveron lendo no 1º ciclo de Educación Primaria:

- Axente Riciños.

-Eu canto, ti cantas.

 

 

O luns día 9 de Abril convidamos tamén a autora Ana Alonso para falarnos das súas obras:

_ "El país de los cuentos": co que traballaron os nenos e nenas do 2º ciclo de E.P.

- "Marea negra": co que traballou o alumnado de 3º ciclo de E.P.

 

Pasámolo xenial!

Moitas grazas!

INFORMACIÓN ADMISIÓN 2018/2019

SOLICITUDES ADMISIÓN 4º EDUCACIÓN INFANTIL

 Todas as solicitudes presentadas para o 4º nivel de Educación Infantil para o curso escolar 2018/2019 ESTÁN ADMITIDAS.

A listaxe provisional publicarase o vindeiro mércores 24 de abril. Non é necesario realizar trámite algún, agás a FORMALIZACIÓN DE MATRICULA entre o 20 e o 30 de xuño.

 

SOLICITUDES DE ADMISIÓN 5º EDUCACIÓN INFANTIL e 2º EDUCACIÓN PRIMARIA

Deberán entregar a  documentación xustificativa dos criterios alegados para poder ser baremados no seguinte prazo : 23 MARZO-13 ABRIL 2018, ambos incluídos, no horario de secretaria do centro

 

HORARIO DE SECRETARÍA 

LUNS e MARTES: 13:15- 14:00 HORAS

MÉRCORES: 09:05- 09:55 HORAS

O Equipo Directivo

 

RECOMENDACIÓNS lectoras para estas vacacións

O equipo de Biblioteca elaborou unha serie de recomendacións para desfrutar destas curtas vacacións, sempre ao carón dos contos e libros que nos fan: descubrir, imaxinar, soñar...e, sobre todo,  gozar deses momentos que só nos ofrece a lectura.

 

DÍA DA POESÍA

O 21 DE MARZO conmemoramos o día da poesía. 

Este curso decidimos traballala a partir dun tipo de poesía ancestral xaponesa:

 OS HAIKUS. 

 Para que non o saiba, os Haikus 俳句 son  poemas breves, de dezasete  "moras", formados, segundo a norma, por tres versos de cinco, sete e cinco moras respectivamente. Con todo, non se trata por completo dunha métrica fixa. 

 

 

Estes son os nosos HAIKUS:

    

VISITA DO ALUMNADO DE TERCEIRO DE E.PRIMARIA Á CASA DO CONCELLO

Os alumnos/as de terceiro de E.Primaria visitaron o martes a casa do concello de Carballo, onde  mantiveron  un encontro co  alcalde, Evencio Ferrero, e coa edila Milagros Lantes.

Na visita puideron coñecer o funcionamento da Administración local, ademais de visitar a Oficina Técnica e as dependencias da Policía Nacional e a Policía Local.

NOTICIA EN LA VOZ DE GALICIA-CARBALLO

Conmemoración Día da Paz e da Non Violencia

Bo día !

Ao fin temos o resultado da actividade que realizamos para conmemorar o Día da Paz e a Non Violencia. Desculpade a tardanza pero foi por motivos completamente alleos ao Centro. Se a queredes observar de preto e ver o guap@ s que saístes, está exposta no hall do Cole.

Moitas grazas.

 

Equipo Tic

 

PROCEDEMENTO ADMISIÓN 2018-2019

PRAZO: 1 ao 20 de marzo de  2018 (ata as 14:00 horas)

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • SOLICITUDE DE ADMISIÓN, ANEXO II,debidamente cumprimentada. Pode descargala no arquivo adxunto, cubrila online na seguinte ligazón ANEXO II ou ben  a través da aplicaciónadmisionalumnado.                                                    
  • Fotocopia da primeira folla da solicitude de admisión.                                          
  • Libro de familia e fotocopia do mesmo.

 

HORARIO DE SECRETARÍA do 1 ao 20 de marzo:

LUNS A VENRES: 9:05- 09:55 HORAS.

                    13:15-14:00 HORAS.

 

Toda a información e normativa relativa a este procedemento pode consultarse nos arquivos adxuntos, así como nos taboleiros do centro. 

O Equipo Directivo.

LISTAXE SOLICITUDE RESERVA IES MONTE NEME

A relación de alumnado que fixo efectiva a reserva de praza no IES Monte Neme, centro adscrito, pódese consultar no arquivo adxunto.

BenvidXs Escornabots!

Na biblioteca do CEIP A Cristina, temos dous invitados un tanto especiais:

 ESCORNABOTS! 

 Moit@s de vós, preguntarédesvos que son. Pero a maioría dos vosos fillos e fillas xa os coñecen.

 

 
 
Son estes ROBOTS que chegan ao noso cole para aprender moitas cousas e divertirse ao mesmo tempo co noso alumnado e profesorado.
 
 
* Creamos un recuncho para crear as propias plantillas e así ter moitos xogos cos que aprender, se queredes participar as familias e os vosos nenos e nenas deixámosvos a plantilla no documento adxunto. O tamaño ten que ser en A3.
 
 Este é algún exemplo de plantilla:
 
 
Equipo de Biblioteca
 
 
 

TEI

Despois de realizar as sesións informativas cos alumnos de 5º de E.P. e de 3º de E.P., o pasado venres 2 de febreiro xuntámonos todos na biblioteca para por fin coñecer o resultado do sorteo que asociou os titores e os titorizados.

Foi unha experiencia moi emocionante!!!

Despois organizáronse por parellas e fixéronse unha entrevista. Ao rematar coas entrevistas, tiveron que realizar conxuntamente un encrucillado sobre vocabulario das emocións  e un exercicio para coñecer os seus deberes e dereitos.

No seguinte vídeo poderedes ver imaxes desta primeira xuntanza.

 

You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly.

PDC. BO PAPEL DE JOSÉ MANUEL NEGREIRA NO CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR DE CAMPO A TRAVÉS

José Manuel Negreira finalizou na vixésimo sétima posición  no  Campionato Galego escolar de campo a través, celebrado na mañana de hoxe na Pobra do Caramiñal.

A  participación foi dun altísimo nivel, sendo o noso centro dos poucos colexios de Galicia con representación neste Campionato.

José Manuel  tivo que sobrepoñerse ás molestias na espalda que leva arrastrando nesta última semana, o cal, lle impediu dar o mellor de sí.

Hai que destacar que neste Campionato, estaban presentes os sesenta e seis mellores atletas de categoría infantil de todo Galicia, polo que o posto acadado polo atleta do noso colexio, é moi meritorio.

Con este campionato ponse punto final  á temporada de campo a través por este curso, que en liñas xerais, pódese considerar de sobresaínte, xa que, o noso centro estivo presente por cuarta vez  na súa historia,nas catro fases que se organizan na nosa Comunidade.
 
Máis información no blog de eduacción física do centro: 

PDC. CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR DE CAMPO A TRAVÉS.

 

José Manuel Negreira Abelenda, alumno de 6º de E.Primaria, representará ao noso centro no Campionato Galego Escolar de campo a través,que se celebrará este vindeiro sábado, no circuito da praia de Cabío ( A Pobra do Caramiñal)

Por cuarta vez na historia do noso centro, estaremos presentes nun Campionato Galego,as outras tres foron nos anos 2012 , 2013 e 2017.

José Manuel chega moi ilusionado á proba despois de acadar a clasificación no Campionato Provincial celebrado en Acea da Ma( Culleredo), aínda que consciente da dificultade que entraña este reto, xa que, neste Campionato, tomarán parte @s mellores atletas de Galicia.

Máis información no blog de educación física do centro: " Disfrutamos movéndonos"

RESERVA PRAZA IES "MONTE NEME" CURSO 2018/19

Á atención das familias do alumnado de 6º curso EP:

As familias que desexen  matricular aos seus fillos/as o vindeiro curso escolar no centro de adscrición, IES Monte Neme deberán entregar o anexo I debidamente cumprimentado e asinado para os efectos de reserva de praza.

Os impresos entregaranse no centro. O prazo de entrega remata o vindeiro xoves 15 de febreiro de 2018.

Se algúnha familia escolle outro centro educativo non fará a reserva de praza no IES Monte Neme, senón que deberá entregar a solicitude de admisión no centro educativo seleccionado no procedemento ordinario de admisión de alumnado.

 Poden cubrir e /ou descargar o ANEXO I na seguinte ligazón: 

ANEXO I

PDC. JOSÉ MANUEL NEGREIRA CLASIFICOUSE PARA O CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

José Manuel Negreira Abelenda, alumno de 6º de E.Primaria, clasificouse por segundo ano consecutivo para  o Campionato Galego de campo a través escolar , ao finalizar quinto na categoría infantil do Campionato Provincial disputado na mañá de hoxe, no circuito do parque de Acea da Ma(Culleredo),o cal, lle permitirá estar entre os mellores atletas galegos de campo a través en idade escolar.

Por cuarta vez na historia do noso colexio,un atleta representaranos no Campionato Galego, que se celebrará o vindeiro 17 de Febrerio na Pobra do Caramiñal ( A Coruña).

Tamén hai que destacar o bo papel de Martín Pérez Calvo, alumno de 5º de E.Primaria, na proba alevín masculino, xa  que dou o mellor de sí, acadando una meritoria posición.
 
Máis información no blog de educación física do centro: " DISFRUTAMOS MOVÉNDONOS"
 

TITORÍA ENTRE IGUAIS

Neste curso, estamos inmersos nun plan de formación permanente para implantar na nosa escola un proxecto baseado na idea orixinal do PROGRAMA TEI, “Titoría entre Iguais”, para mellorar a convivencia e previr a violencia e o acoso escolar. O seu autor é Andrés González Bellido.

 

 

Nun documento adxunto deixámosvos a información que se enviará ás familias nos próximos días.

Tamén podedes consultar a páxina oficial do programa TEI, aquí.

 

 

 

Distribuir contido