PDC.RECREOS ACTIVOS: PRIMEIRA LIGA DE BALONCESTO NOS RECREOS DOS COLEXIOS DE CARBALLO

 
 
O noso centro participará na liga de baloncesto, que se desenvolverá durante os recreos nos colexios de Carballo.
 
Esta nova iniciativa  está organizada polo Basket Xiria, coa intención de facer uns recreos máis saudables e entretidos.
 
 

PLANETARIO MÓBIL NA CRISTINA

 


Durante esta semana, os alumnos/as do noso centro están visitando e disfrutando coas actividades do planetario móbil que temos instalado no ximnasio do centro. Esta actividade forma parte dos recursos educativos que oferta a fundación  EduCaixa.

Os catro programas que compoñen o Planeta Móbil "O ceo das estacións" mostran o firmamento, de cada unha das estacións, visible a primeira ollada desde as nosas latitudes, tal como o veríamos se non nos molestasen nin as luces nin a contaminación da gran cidade. A continuación, o programa describe as principais constelacións, e grazas a elas, os alumnos/as aprenderán a orientarse localizando a Estrela Polar, a estrela que nos indica o Norte e que podemos ver durante todo o ano ao estar fixa no ceo. Durante a proxección tamén se fai mención das lendas e mitos.

PDC. REMATARON AS SESIÓNS DE INICIACIÓN AO HOCKEY SOBRE PATÍNS IMPARTIDAS POLA ESCOLA LUBIÁNS

Dentro das actividades do programa Xogade, englobadas no Proxecto deportivo do centro, está o programa " Coñece o meu club", co cal se pretende que os alumnos/as coñezan os recursos deportivos dispoñibles na nosa poboación.

Dende o pasado luns, tres adestradores do Escola Lubiáns de hockey sobre patíns,visitaron o noso centro  para facer unha presentación práctica e lúdica do seu deporte, explicar o funcionamento do club (localización, horarios de adestramento, competicións…) e invitar aos alumnos/as a compartir os seus adestramentos.

 
Dende o centro queremos darlle as grazas ao Escola Lubiáns, en especial a Manuel, Cholo e Ainhoa, por adicarnos o seu tempo a darnos a coñecer o seu deporte.
 

Moitas grazas!

 
Podes consultar toda a información,fotografías,etc...no blog de educación física do centro: " Disfrutamos movéndonos"

 

O NOSO CENTRO INAUGUROU O BICIBÚS

Participantes no bicibús do CEIP A Cristina

Englobada dentro das actividades da Semana Europea da Mobilidade que organiza o concello de Carballo, onte arrancou unha iniciativa novidosa, o bicibús, sendo o noso centro o que inaugurou a experiencia, que consiste en que os nenos e as nenas vaian ao cole en bici.

Esta actividade está a desenvolverse grazas ao voluntariado do Club Ciclista Carballo a un Paso e á colaboración cos centros educativos, nesta experiencia piloto decidiuse que cada día participase un colexio, e en principio só co alumnado de 6º de Primaria.

LA VOZ DE GALICIA CARBALLO

WEB DO CONCELLO DE CARBALLO

CAMBIO RELIXIÓN CATÓLICA - VALORES

Estimadas Familias:

Informámosvos que o prazo para solicitar o cambio de Relixión Católica a Valores Sociais e Cívicos/Atención Educativa ou viceversa será ata o 21 de Setembro do 2018.

O equipo directivo.

BENVIDOS/AS AO CURSO 2018/2019

Resultado de imagen de benvidos ao curso escolar

 

Todos/as os que formamos parte do Ceip Plurilingüe A Cristina queremos darvos a benvida a todas as familias que neste curso entrades a formar parte da nosa comunidade educativa e, por suposto, ás que xa formaban parte dela.

Mañá comezan as clases no seu horario habitual de 9.05 a 14.05 horas.

Esperámosvos!

LISTAXES DEFINITIVAS FONDO SOLIDARIO 2018/2019

As listaxes definitivas do Fondo Solidario de libros de texto para o curso 2018/2019 pódense consultar nos arquivos adxuntos.

Os libros repartiranse en setembro unha vez comezado o curso escolar.

O Equipo Directivo

LISTAXES PROVISIONAIS FONDO SOLIDARIO LIBROS 2018/2019

As listaxes provisionais correspondentes ao Fondo Solidario do curso 2018/2019 poden consultarse nos arquivos adxunto.

O próximo venres 13 de xullo publicaranse as listaxes definitivas onde poderán consultar os libros que  lle corresponden a cada alumno.

 

O Equipo Directivo 

FELICES VACACIÓNS!

 

Vémonos o mércores 12 de

Setembro de 2018.

ALUMNADO 4º EI CURSO 2018/ 2019

A titora dos alumnos/as de 4º curso de Educación Infantil contactará coas familias dos mesmos en setembro para convocalos á reunión incial de curso.

O CEIP A CRISTINA CENTRO PLURILINGÜE

O noso centro foi admitido na rede de centros plurilingües de Galicia para o curso 2018-2019.

 

 

 

Grazas polo gran traballo e ilusión

 

Moitísimas grazas a tod@ s (alumnado,profesorado, familias) pola participación onte no Festival Fin de Curso. Saíu fenomenal. Todos levaremos un gran recordo deste día para sempre.

GALERÍA FOTOS XORNAL

 

 

REDUCIÓN DE XORNADA XOVES 21 XUÑO

A piques de rematar este curso escolar, aproveitamos para desexarvos unhas boas vacacións e agradecervos a vosa colaboración ao longo destes meses.

Lembrámosvos que o xoves 21 de xuño o horario lectivo será de 10:05 ata as 12:05 horas.

O martes 26 de xuño de 10:00 a 12:00 horas o profesorado do centro estará dispoñible para atender ás familias que desexen consultar calquera dúbida.

O curso escolar 2018/ 2019 comezará o 12 de setembro de 2018.

Moitas grazas.

O Persoal do CEIP A Cristina.

HORARIO SECRETARIA XUÑO- XULLO 2018

No arquivo adxunto poden consultar o horario de atención ao público da secretaría do centro durante a semana do 26-30 de xuño e do mes de xullo.

RELACIÓN LIBROS DE TEXTO E MATERIAL IMPRESO- CURSO 2018/2019

A continuación, poden consultar nos arquivos adxuntos, a relación de libros de texto e material impreso de cada nivel para o próximo curso escolar 2018/2019.

Lembrámoslles que en 5º e 6º de E.P., o alumnado non empregará libros de texto impresos, xa que o centro forma parte da Rede de Centros  E-DIXGAL.

Atentamente, 

O equipo directivo.

Distribuir contido