LIBRE O MEU PENSAMENTO...24 de Febreiro "Día de Rosalía"

   Achegámonos ao 24 de Febreiro, día en que se conmemora a figura dunha das escritoras máis importantes da cultura galega....ROSALÍA DE CASTRO

 

   Por iso, os nenos e nenas do CEIP Plurilingüe A Cristina traballamos durante estes días sobre varias estrofas reivindicativas de dita escritora. Con elas Rosalía tentaba denunciar as distintas inxustizas socias vividas na sociedade. 

 

    Dende o EDLG deixámosvos algunhas mostras do traballo realizado por cada un dos ciclos, indicando ademais o verso que reflexa cada unha das inxustizas, que como poden ver, aparece reflexado nas chapas e nas diferentes pancartas.

   

   Antes diso premede no archivo adxunto para ver aos mais cativos/as recitando os seus versos, esperamos que vos guste:

 

 

   O que se engade a continuación, son as diferentes imaxes dos alumnos coas súas chapas e as pancartas:

 

  

Educación Infantil: "Cantares Gallegos"...Emigración

                 "¡Deixo a casa onde nacín...!

 

1º ciclo Educación Primaria

 

1º ciclo de Educación Primaria: "Cantares Gallegos"...Abuso Laboral, Emigración

                 "Trataide ben ós galegos"

 

 

2º ciclo de Educación Primaria: "Follas Novas"...Inxustiza social

                 "Tirá...que cando caiades,

                  hanvos de face-lo mesmo"

 

  

3º ciclo de Educación Primaria: "Follas novas"...Violencia de xénero

                 "Quedei deshonrada, mucháronme a vida"

PDC. O NOSO CENTRO NA PRENSA LOCAL

O Diario de Bergantiños de hoxe faise eco da participación do noso centro, no Campionato Provincial de campo a través escolar, que se celebrará mañá no estadio de San Lázaro de Noia.

 

PDC.CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

Nuria Castro, Tirso Ramos, Guillermo Pastoriza,Estela Souto,Ainara Cancela,Nerea Alonso,Iria Bustelo,Nerea Cobas e Noa Pena, alumnos de 2º,3º,5º e 6º de E.Primaria, representarán ao noso centro no Campionato Provincial de campo a través escolar, que se celebrará este vindeiro venres, no circuito do estadio de San Lázaro( Noia)

Todos/as chegan moi ilusionados á proba, aínda que conscientes da dificultade que entraña, xa que, neste campionato, tomarán parte os mellores atletas da provincia que se clasificaron nas fases intercomarcais da Coruña, Ferrol, Santiago e Noia.
 
Moita sorte campións!!!

PDC.RELACIÓN DE CLASIFICADOS/AS PARA O CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

 
A Federación Galega de Atletismo acaba de publicar as clasificacións dos centros educativos que participaron o pasado sábado no  Campionato Intercomarcal  de campo a través escolar, e podemos dicir, que estamos de noraboa, xa que,  nove nenos/as do noso centro conseguiron clasificarse para o Campionato Provincial , que se celebrará o vindeiro venres 22 de Febreiro en Noia.


Á medalla colleitada por Tirso Ramos,hai que sumar a clasificación individual de Nuria Castro e Guillermo Pastoriza; e o primeiro posto  do equipo infantil feminino.

Noraboa a todos/as!

Máis información en: " Disfrutamos movéndonos"

 

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ... BAILANDO !!!

Dende o CEIP Plurilingüe A Cristina, conmemoramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz e que mellor maneira de facelo que cantando e bailando esta canción de Mamá Cabra titulada "Baile da Paz".

 

Facede clic na imaxe para desfrutar do noso traballo.

 

Esperamos que vos guste Sorriso

 

 

 

 

 

Moitas grazas a todos/as !!!

PDC. O NOSO CENTRO CLASIFICOUSE PARA O CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

 
 
Por oitavo ano consecutivo, o noso centro estará presente no Campionato Provincial de Campo a través escolar, que se celebrará o vindeiro venres 22  de Febreiro, no circuito de localidade coruñesa de Noia.

 

Tirso Ramos, alumno de 3º de E.Primaria, acadaou o segundo posto  na categoría benxamín masculino, o que lle otorga o pase ao Campionato Provincial( o número de nenos/as clasificados/as pode verse incrementado en outros sete nenos/as en función das clasificacións dos centros educativos)

 

O resto dos nenos/as que participaron, deron o mellor de sí, destacando o 5º posto dos equipos benxamín masculino e infantil feminino(1º clasificado centros educativos)
 
Máis información no blog de Educación Física do centro:
 

PDC.CAMPIONATO INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

O vindeiro sábado 26 de Xaneiro celebrarase no circuito do parque dos Menhires(A Coruña) Campionato Intercomarcal de campo a través en idade escolar, onde participarán vinte e tres  alumnos/as do noso centro.

Máis información no blog de Educación Física do centro: "Disfrutamos movéndonos"

FELICES FESTAS !!

Os nosos mellores desexos para estas festas e para o ano 2019!!!

Vémonos á volta, o 8 de xaneiro.

Grazas por todo.

CEIP Plurilingüe A Cristina

 

Carta aos "Reis Magos"

   Achegámonos a unha das datas máis esperadas por moitos nenos e nenas, "O NADAL", por iso non podemos marchar sen antes recibir aos REIS MAGOS no noso colexio. A visita será este venres 21 de decembro.

   Dende o EDLG elaborouse unha carta adaptada a cada un dos niveis para que nesta visita poidan entregar as súas petidicións ás súas maxestades.

   Deixámosvos a carta que cubriron os nosos alumn@s de Educación Infantil!

 


PDC.CLASIFICADOS PARA O CAMPIONATO INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

 
A Federación Galega de Atletismo acaba de publicar as clasificacións da Fase Local de campo a través celebrada o pasado venres, e podemos dicir, que estamos de noraboa, xa que, vinte e tres nenos/as do noso centro conseguiron clasificarse para o Campionato Intercomarcal de campo a través escolar,que se celebrará o vindeiro sábado 26 de Xaneiro do 2019 no circuito do parque dos Menhires( A Coruña).

 
Ás dúas medallas colleitadas, e á clasificación de cinco atletas de maneira individual, hai que destacar que a nivel de equipos os resultados foron moi bos, xa que, acadamos un primeiro e dous segundos postos.
 
 
PODES CONSULTAR A RELACIÓN DE CLASIFICADOS/AS  NO BLOG DE EDUCACIÓN FÍSICA DO CENTRO:     " DISFRUTAMOS MOVÉNDONOS"
 
NORABOA A TODOS/AS!
 

PDC. DESTACADO PAPEL DOS NOSOS/AS ATLETAS NA FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

Un ano máis,  os nosos/as atletas tiveron unha destacada  participación na Fase Local de campo a través celebrada na mañá de hoxe no campo de fútbol das " Eiroas".

O noso centro estivo representado por 96 nenos/as das categorías benxamín, alevín e infantil feminino e masculino, sendo a maior participación do noso centro na súa historia.

Aínda que tódolos nen@s realizaron un gran papel, hai que destacar a medalla de ouro de Guillermo Pastoriza e a de bronce de Tirso Ramos. 

A todo isto, hai que añadir a clasificación individual e  posiblemente  dalgún equipo, o que fai pensar, agardando a que a Federación Galega de Atletismo publique as clasificacións definitivas; que o noso centro estará representado por un nutrido grupo de atletas na Fase Intercomarcal, que se celebrará o vindeiro sábado 26 de Xaneiro do 2019 no circuito do Parque dos Menhires( A Coruña).
 
Noraboa a todos/as polo voso esforzo e comportamento!
 
Máis información en: " Disfrutamos movéndonos"
 
 

FESTIVAL INCLUSÓN ALOUMIÑOS

Hoxe, venres día 30 de novembro, a Asociación de persoas con necesidades específicas da Costa da Morte,  Aloumiños, organizaron por terceiro ano o Festival IncluSÓN e nesta ocasión decidiron achegalo ós centros de ensino, e agradecémoslle enormemente que contaran con nós. 

Regaláronnos unha obra de teatro "O CARDUME" á que puideron asistir todo o alumnado e mestres do centro. Desfrutamos moito coa actuación.

Con esta actividade queren dar a coñecer e  celebrar o 3 de decembro, día Internacional da Diversidade Funcional.

MOITAS GRAZAS!!!!!!

PDC. INFORMACIÓN SOBRE A FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR 2018

Un ano máis, o noso centro terá unha amplia representación na Fase Local de campo a través escolar, xa que, serán 96 atletas e 18 equipos do noso centro, os que participarán o vindeiro venres 30 de Novembro( sempre que as condicións metereolóxicas o permitan) nesta proba.

 

Esta actividade forma parte do Programa Xogade, englobado no Proxecto Deportivo do noso centro.

 

As probas desenvolveranse no circuito do Polígono Industrial de Carballo.

 

Os horarios das probas serán  os seguintes:

 

10.45:  Infantil masculino ( 6º E.Primaria)

11.00: Infantil feminino ( 6º E.Primaria)
11.15:  Alevín masculino ( 4º e 5º E.Primaria) 
11.30:  Alevín feminino ( 4º e 5º E.Primaria) 
11.45: Benxamín masculino ( 2º e 3º E.Primaria) 
12.00:  Benxamín feminino ( 2º e 3º E.Primaria)

 

Moita sorte a tod@s!

NOTICIA EN LA VOZ DE GALICIA- CARBALLO

PDC.O NOSO CENTRO FOI ADMITIDO NO PROGRAMA PDC-CENTROS ACTIVOS E SAUDABLES 2018-2019

O noso centro foi admitido no programa PDC(Proxecto deportivo de centro)- Centros activos e saudables, englobado no Plan Proxecta.

 O obxectivo deste programa é o de actuar  como dinamizador e promotor de hábitos de vida activa e saudable, rentabilizando os recursos existentes no seu ámbito de influencia. 

 Buscamos que o 100%  dos alumnos e alumnas reciban información e asesoramento de como incorporar no seu día a día, tanto no horario lectivo coma no no- lectivo, actividade física, exercicio físico ou deporte como hábito de vida saudable, así como incrementar, na súa estadía no centro, a práctica de actividade física de calidade.

 O obxectivo final será entón o de loitar contra o sedentarismo, creando hábitos que perduren fóra do centro escolar e ao longo de toda a vida, dende a infancia ata a vellez.

"Somos rúa, facemos arte"

Este venres 16 de novembro o alumnado de 4º tivo a gran sorte de participar na actividade organizada polo Concello de Carballo "Somos rúa, facemos arte".

Realizaron un obradoiro na praza do Concello coa  artista Basilisa Fiestras que lles ensinou todo o proceso creativo ata realizar unha copia en escaiola dunha das súas mans. Todas as mans en escaiola  formarán parte dunha gran escultura que representará un gran círculo de mans entrelazadas que estará exposta na praza durante esta fin de semana.

Foi unha experiencia inesquecible e fantástica!!!!

Dámoslle as grazas ó Concello de Carballo e a Basilisa Fiestras.

Deixámosvos este vídeo con fotos da experiencia amenizado coa música de Mamá Cabra "Eu son un artista".

You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly.

Distribuir contido