Proxecto SHOREWINNER
SHOREWINNER
Southern European Community for Offshore Wind Energy
O proxecto SHOREWINNER - Southern European Community for Offshore Wind Energy - ten como obxectivo establecer e desenvolver unha Comunidade de Práctica (CoP) baseada na cooperación entre cinco Centros de Excelencia Profesional (CoVEs) comprometidos co desenvolvemento de habilidades, a mellora e a reciclaxe da forza laboral, a compartición de recursos e o logro dos principais obxectivos e prioridades europeos.
Os CoVEs foron creados en países do sur de Europa con gran potencial no sector da enerxía eólica mariña (ORE): Portugal, España, Italia, Grecia e Chipre. Cada CoVE implica representantes da industria e institucións de Formación Profesional (FP) para proporcionar de forma colaborativa unha formación profesional aliñada coas necesidades da industria local.
O proxecto comeza cunha análise exhaustiva das necesidades globais de ORE en canto a coñecementos e lagoas de habilidades, co fin de deseñar excelentes currículos e recursos de FP en cada CoVE. Para fomentar a cooperación transfronteiriza entre múltiples partes interesadas, crease unha Comunidade de Práctica (CoP) para compartir coñecementos, mellores prácticas e recursos educativos. Ademais, a CoP facilita o deseño de currículos conxuntos e a formación de formadores, co obxectivo de lograr a converxencia ascendente da diversa experiencia dos países e socios.
Consorcio
O consorcio do proxecto conta con 28 membros, que inclúen provedores de educación profesional, institucións de educación superior, PEMEs, centros de investigación e organismos nacionais.
A CoP xoga un papel crucial no fortalecemento da cooperación pola excelencia entre os CoVEs, facilitando a comunicación e o fluxo de información entre as partes interesadas e proporcionando unha plataforma para compartir recursos e oportunidades durante e despois do proxecto.
Organizanse programas de formación, prácticas, obradoiros e seminarios para apoiar o desenvolvemento profesional continuo dos aprendices e formadores de FP, ademais de establecer relacións con expertos do campo da ORE, o que poderá conducir a novas oportunidades de emprego.
Participantes
Para o desenvolvemento deste proxecto a Consellería conta coa colaboración de profesorado dos seguintes centros:
- Centro Galego da Innovación da Formación Profesional
- CIFP Ferrolterra
- CIFP Universidade Laboral
- CIFP Valentín Paz Andrade
O coodinador do proxecto é o Instituto Politécnico do Porto.
Temporalidade
O proxecto desenvolverase dende o 1 de marzo de 2024 ata o 29 de febreiro de 2028, tendo, por tanto, unha duración de 48 meses.
Proxecto
- 101143967 — Southern European Community for Offshore Wind Energy SHOREWINNER
- Convocatoria: Partnership for Excellence - Centres of Vocational Excellence (ERASMUS-EDU-2023-PEX-COVE)
- Sitio web oficial do proxecto