Programa de visitas a empresas: Visitas a CRTVG

As visitas ás instalacións da CRTVG están orientadas  ao alumnado da ESO e Bacharelato e a o alumnado de intercambio, é dicir, dun país estranxeiro que están estudando aquí durante uns meses. Tamén existen visitas dirixidas ao alumnado de  ciclos formativos que teñen que ver directa ou indirectamente coa CRTVG, de maneira que a actividade forma parte da súa aprendizaxe. A duración habitual é dunha hora.

Unha persoa da área de Relacións Públicas realiza unha introdución e inicia a visita a estudios de informativos e programas. A continuación hai unha quenda de preguntas e visítanse as salas de control, cabinas de post-produción e troco de formato. De seguido faise un percorrido pola sala de traballo de programas, indicándose que funcións desempeñan os distintos traballadores/as. Continúase cara a maquillaxe e estilismo e en función do tempo transcorrido visítase a Radio Galega.

No caso das visitas técnicas, unha vez rematadas as explicacións na zona da televisión e se non existe ningunha urxencia de produción, un técnico da TVG explicará con máis detalle o que acaban de ver.

Para solicitar a visita cómpre facelo a través do mail rrpp@crtvg.es. Tamén se poden facer consultas e aclaracións no teléfono 981540642.

Etiquetas: