Programa Depoemprende na escola 2016-2017
Depoemprende na escola é un programa educativo dirixido ao alumnado dos cursos 4º, 5º e 6º de educación Primaria no que, durante o curso escolar 2016/2017, crean e xestionan cooperativas para fabricar produtos que venden unha vez ao ano, nun mercado ou feira da súa localidade. No desenvolvemento deste programa colaboran a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Deputación de Pontevedra.
Para poder levar a cabo este programa realizaranse accións formativas para o profesorado (20 horas de formación) que terán o recoñecemento por parte da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria . Ademais desta formación levaranse a cabo 3 titorías de seguimento que corresponden ás avaliacións trimestrais cunha duración aproximada de 2 a 3 horas cada unha delas, no Centro de Formación e Recursos de Pontevedra.
Nove centros educativos participan neste proxecto:
- CEIP Plurilingüe Nº 1.Tui (2 cooperativas)
- CEIP Praza de Barcelos. Pontevedra (1 cooperativa)
- CEP Plurilingüe de Riomaior. Vilaboa (1 cooperativa)
- CEE Príncipe Felipe. Pontevedra (Educación Especial) (1 cooperativa)
- CEIP A Rúa. Cangas (1 cooperativa)
- CEIP Frián-Teis. Teis (1 cooperativa)
- CPI Julia Becerra Malvar. Ribadumia (1 cooperativa)
- CEP Antonio Magariños Pastoriza. Cambados (2 cooperativas)
- CEIP de Laredo. Redondela (1 cooperativa)