Premios á Calidade e Innovación en Orientación e en Formación Profesional

Publicada a resolución do 17 de novembro de 2015 da Secretaría de Estado de Educación, Formación y Universidades , pola que se adxudican os Premios á Calidade e Innovación en Orientación e Formación Profesional, coa cofinanciación do Fondo Social Europeo.

Dentro da modalidade 1, o primeiro premio foi acadado polo IES Punta Candieira de Cedeira coa candidatura, Rehabilitación enerxética de edificios públicos, mentres que o IES Escolas Proval de Nigrán dentro da mesma modalidade obtivo un terceiro premio coa candidatura, Videorockola.