Convocatoria de premios a proxectos de innovación na FP 2024
Convócanse os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o día 9 de xaneiro ata o 19 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.
- Resolución da convocatoria
- Anexo I. Solicitude
- Outros anexos
- Relación provisional de proxectos admitidos
- Relación provisional de proxectos excluídos
- Proposta provisional de concesión
- Resolución e Anexo I coa relación de proxectos premiados
Os centros educativos disporán dun prazo de tres días hábiles contados a partir do día seguinte ao desta publicación para interpor reclamacións ou renuncias ante a presidencia da comisión de selección.
Información sobre a convocatoria:
- Enderezo electrónico: fpinnova@edu.xunta.gal
- Teléfono: 881996523
Etiquetas: