Participación da FP galega
No mes de setembro de 2024 a cidade francesa de Lyon acoulleu a 47ª edición dos Worldskills, que contou coa participación de tres estudantes galegos.
Ezequiel Soto, do IES San Clemente de Santiago, competiu na modalidade de Desenvolvemento web; María Bazar, do CIFP Paseo das Pontes da Coruña, en Panadaría, e Laura Pereira, do CIFP Manuel Antonio de Vigo, fixoo en Recepción hoteleira.
Os competidores demostraron neste campionato internacional a calidade da Formación Profesional galega.
Estiveron acompañados polos seus titores e por varios representantes da Consellería de Educación, entre eles a Directora Xeral de FP, Eugenia Pérez, quen sinalou que “están demostrando que a nosa FP é un modelo con gran potencial”, remarcando “o orgullo que supón para o noso ensino que teñan chegado ata aquí”.