Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior. Composición do tribunal. Convocatoria 2018

Publicada a Resolución do 9 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se nomea e se fai pública a composición do tribunal que deberá xulgar as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional para o ano 2018.

Etiquetas: 

Acreditación de competencias. Listaxes de solicitantes. Convocatoria 2018

Publicación das listaxes de solicitantes para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2018, con data do 20 de febreiro de 2018.

Convocatoria de estadías formativas en empresas ou institucións para o ano 2018

Publicada a convocatoria de estadías formativas en empresas ou institucións para o ano 2018 destinadas ao funcionariado docente non universitario, cofinanciadas nun 80 % polo Fondo Social Europeo.

Na seguinte ligazón pode consultar as persoas destinatarias, duración, documentación, lugar de presentación de solicitudes e máis información de interese.

Concurso Novos Técnicos en Automoción 2018 Fundación Comforp

A Fundación Comforp convoca a XV edición do Concurso Novos Técnicos en Automoción CJTA. Os perfís convocados para esta edición son:

  • Electromecánica
  • Carrozaría
  • Pintura
  • FPB/ACE/Similares
  • Mini-vídeos de automoción

- Bases do concurso

- Máis información

Etiquetas: 

Presentación do vehículo simulador de accidentes resultado dun proxecto de innovación na FP

Hoxe, 15 de febreiro de 2018, tivo lugar a presentación pública do vehículo simulador de accidentes resultado do proxecto "Simulador de rescate de vítimas de accidentes de tráfico", premiado na Convocatoria para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional 2016.

Etiquetas: 
Multimedia: 

Premios a proxectos de innovación na FP. Proxectos admitidos e excluídos

Publicada a listaxe de proxectos de innovación presentados á convocatoria da Resolución do 4 de decembro de 2017 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se convocan premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Etiquetas: 

Carnés e habilitacións profesionais. Orde da convocatoria 2018

Publicada a Orde do 1 de febreiro de 2018 pola que se convocan probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2018.

Xornadas de ferramentas de medios de pagamento

Os días 10 e 12 de abril de 2018 terán lugar no CAFI de Santiago as xornadas de "Ferramentas de medios de pagamento".

Os interesados en participar poden inscribirse a través de FPROFE antes do día 03/04/2018.

Referencia do curso: G1702038

Solicitude de propostas Carta Erasmus de Educación Superior (ECHE) 2019

O SEPIE publicou a convocatoria 2019 de propostas da Carta Erasmus de Educación Superior (ECHE) no Diario Oficial da Unión Europea do 1 de febreiro de 2018.

Importante: Todas as institucións que impartan ensinanzas de educación superior (ciclos de grao superior da Formación Profesional, ensinanzas artísticas superiores ou outras) deben solicitar esta Carta Erasmus de Educación Superior (ECHE) para participar na convocatoria de proxectos KA103, KA107 e KA 203.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior. Orde de convocatoria 2018

Publicada a Orde do 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2018.

Prazos de inscrición:

Etiquetas: 
Distribuir contido