Centros seleccionados para participar no programa Lanzadeiras Lugo para o curso 2023/2024

Publicada a Resolución do 28 de maio de 2024 pola que se fai pública a relación de centros seleccionados para participar no Programa de Lanzadeiras Lugo durante o curso escolar 2023/2024 (Resolución do 28 de maio de 2024 da Dirección Xeral de Formación Profesional).

Etiquetas: 

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Exames e respostas da convocatoria 2024.

Publicados os exames e as respostas da convocatoria 2024 de probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.

Etiquetas: 

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE e LOXSE). Curso 2023-2024

O período de matrícula en prazas liberadas das probas libres para a obtención de títulos FP (LOE e LOXSE) do curso 2023-2024 é desde as 9:00 horas do día 23 de maio ata as 13:00 horas do 31 de maio de 2024. A matrícula realizarase por estrita orde de chegada ao centro que oferte a praza vacante.

Etiquetas: 

Ampliación do prazo de presentación de solicitudes de Atrévete a ter unha idea

Ampliase o prazo de presentación de solicitudes do concurso Atrévete a ter unha idea convocado pola Resolución do 10 de xaneiro de 2024 da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se regula o Plan Eduemprende e se establecen as bases para a participación dos centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso 2023/2024.

O novo prazo para presentación de solicitudes estará aberto ata o luns día 27 de maio, incluído.

Etiquetas: 

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE e LOXSE). Listaxe de 1ª adxudicación. Curso 2023-2024

Publicada a listaxe da 1ª adxudicación ordinaria das probas libres para a obtención de títulos de FP.

Etiquetas: 

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE e LOXSE). Curso 2023-2024

Publicada a listaxe definitiva de solicitudes de persoas admitidas e excluídas para as probas libres para a obtención de títulos de FP.

Etiquetas: 

Resolución provisional de concesión de premios a proxectos de innovación na Formación Profesional

Publicada a resolución provisional de concesión de premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional convocados pola Resolución do 26 de decembro de 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional.

Etiquetas: 

Ampliación do prazo de solicitude do programa Retorna Talento FP 2024/25

Publicada a ampliación do prazo de presentación de solicitudes do programa de bolsas Retorna Talento FP 2024/25.

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o día 12 de xuño, incluído.

Etiquetas: 

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE e LOXSE). Curso 2023-2024

Publicada a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas para as probas libres para a obtención de títulos de FP (LOE e LOXSE).

Período de reclamación: desde o día 6 ás 9:00 horas ata o 8 de maio ás 13.00 horas, empregando o asistente web para reclamacións.

Etiquetas: 

O sergas convoca 158 prazas de persoal sanitario de formación profesional mediante concurso-oposición

O Diario Oficial de Galicia​ publicou o pasado 30 de abril a convocatoria de 158 prazas por concurso-oposición para o ingreso no Servizo Galego de Saúde en catro categorías de persoal sanitario de formación profesional.

Etiquetas: 
Distribuir contido