Acreditación de competencias no CIFP Carlos Oroza

Inicio da fase de asesoramento 
Convócase a todas as persoas candidatas admitidas á primeira reunión grupal de asesoramento, que terá lugar o día 4 de xullo as 12:00 horas. E aquelas que non poidan asistir nese horario, poderán asistir o mesmo día as 16:00 horas no CIFP de Carlos Oroza.

Listaxes definitivas de persoas admitidas/excluidas

Nas seguintes ligazóns pódese consultar as listaxes definitivas de persoas admitidas/excluidas en cada unidade de competencia no marco do proceso de acreditación de competencias.

 

Listaxes provisionais de persoas admitidas/excluidas

Nas seguintes ligazóns pódese consultar as listaxes provisionais de persoas admitidas/excluidas en cada unidade de competencia no marco do proceso de acreditación de competencias.

 

Listaxes provisionais de solicitantes

Nas seguintes ligazóns pódese consultar a listaxe de solicitantes en cada unidade de competencia no marco do proceso de acreditación de competencias.

 

As persoas que desexen presentar algunha alegación aos datos que figuran na listaxe de persoas solicitantes por unidade de competencia, deberán remitila á sede da comisión avaliadora e dirixila aos presidentes ou as presidentas das comisións no prazo de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Sedes do proceso de acreditación de competencias

O desenvolvemento do proceso terá lugar nos centros integrados de formación profesional (CIFP) 

 

Familia Profesional: Fabricación mecanica
Unidades de competencias asociadas ao ciclo CM Soldadura e caldeiraría segundo o anexo I.

 

Xornadas técnicas sobre a metodoloxía de comunicación de proxectos de empresa

Os pasados días 9 e 10 de maio celebráronse no CIFP Politécnico de Santiago as xornadas de formación sobre o desenvolvemento de metodoloxía para comunicación efectiva de proxectos de empresa e a súa materialización.

Etiquetas: 

Convocatoria do certame Cooperativismo no Ensino 2011

No marco de eduemprende, Plan de emprendemento no sistema educativo de Galicia, para impulsar actitudes emprendedoras entre o alumnado dos niveis educativos de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria e formación profesional, e de dar a coñecer unha das formas empresariais a través da creación de cooperativas, convócase o certame “Cooperativismo no Ensino” 2011.

 

Aberto o prazo de solicitude, que remata o día 15 de maio de 2011.

Etiquetas: 

Publicación das cualificacións definitivas

Nos seguintes documentos pódense consultar a listaxe de cualificacións definitivas das probas de acceso e os centros emisores de certificados segundo o centro de inscrición nas probas.

Etiquetas: 

Publicación das cualificacións provisionais

No seguinte documento pódese consultar a listaxe de cualificacións provisionais das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. As persoas interesadas poderán presentar reclamación contra esta listaxe no seu centro de inscrición os días 17, 20 e 21 de xuño de 2011.

Etiquetas: 

Listaxe definitiva de exencións

No seguinte documento pódese consultar a listaxe definitiva de exencións para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio.

Etiquetas: 
Distribuir contido