Xornada de difusión do proxecto europeo KA 202 SFATE

O próximo xoves 18 de xaneiro desenvolverase unha xornada de difusión do proxecto SFATE (Smart Farm Training for Employment) que está a coordinar a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Proxectos de formación da convocatoria 2017-2018. Resolución definitiva

Publicada a Resolución definitiva da comisión de selección de proxectos de formación para profesorado de Formación Profesional.

1ª xornada de formación do programa de voluntariado de Finanzas para mortais

Hoxe celebrouse no CIFP Politécnico de Santiago a 1ª xornada de formación para alumnado do ciclo formativo de grao superior de Administración e finanzas, dentro do programa de voluntariado de Formación Profesional do Programa Fianazas para Mortais. Esta xornada está enmarcada dentro do Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación da Universidade de Cantabria para o estudo e a investigación do sector financeiro (UCEIF) e o Banco Santander S.A.

Etiquetas: 
Multimedia: 

Acreditación de competencias. Convocatoria 2018

Publicada a Orde do 29 de decembro de 2017 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.

Resolución dos programas Lanzadeiras Coruña e Lanzadeiras Lugo 2017-2018

Publícase a listaxe definitiva dos centros seleccionados para a súa participación nos programas Lanzadeiras Coruña e Lanzadeiras Lugo, que se inclúen no proxecto Miniempresas Coruña, durante o curso 2017/2018. Esta acción establécese dentro do ámbito de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Alcoa.

Etiquetas: 

Cualificacións provisionais de carnés e habilitacións profesionais. Convocatoria extraordinaria 2017

Publicada a listaxe provisional de cualificacións da convocatoria extraordinaria de carnés e habilitacións profesionais.

Contra esta listaxe poderase presentar reclamación ata o día 4 de xaneiro de 2018.

Proxectos de formación da convocatoria 2017-2018. Resolución provisional

Resolución provisional da comisión de selección de proxectos de formación para profesorado de Formación Profesional para o curso 2017-2018.

Campionato Galego de Formación Profesional GaliciaSkills 2018

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca o V Campionato Galego de Formación Profesional, Galiciaskills 2018, tras o éxito conseguido nas anteriores edicións e referendado polos nosos competidores nas edicións dos campionatos estatais SpainSkills e a presenza de alumnado galego nos campionatos internacionais WorldSkills e EuroSkills.

Etiquetas: 

Ampliación prazo de presentación solicitudes. Premios proxectos de innovación na FP. Convocatoria 2018.

Amplíase ata o 17 de xaneiro de 2018 o prazo de presentación de solicitudes para a participación na convocatoria de premios segundo a resolución do 04 de decembro de 2017 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se convocan premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Etiquetas: 

Instrucións para o desenvolvemento da FP dual para alumnado de 2º curso

Instrucións da Dirección xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa sobre o desenvolvemento da modalidade de formación profesional dual para o alumnado matriculado no segundo curso dos ciclos formativos de Formación Profesional no réxime ordinario no curso 2017-2018, en ensinanzas sostidas con fondos públicos.

Etiquetas: 
Distribuir contido