Acto de entrega de premios do Programa "Emprendemento en FP, Proxecta o teu Futuro"

O pasado 13 de marzo de 2018, na refinería Repsol en A Coruña, tivo lugar o acto de entrega de premios do Programa "Emprendemento en FP, Proxecta o teu Futuro", desenvolvido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Fundación Repsol e CISE durante o curso 2017/2018.

Neste concurso participaron 13 proxectos, resultando gañador o proxecto Crowd Solving, presentado por catro alumnos pertencentes ao IES Urbano Lugrís e ao IES Fernando Wirtz Suárez. Trátase dunha plataforma tecnolóxica que permite unha interacción directa entre centros de estudo e empresas, de tal forma que os estudantes teñan acceso a proxectos ou retos propostos polas empresas acorde ás necesidades das mesmas.

Cada un dos membros do equipo gañador recibiu un cheque por valor de 249 €.

Prema na seguinte imaxe para acceder ao resto do álbum fotográfico.

  • Entrega de premios Programa "Emprendemento en FP, Proxecta o teu Futuro"
  • Entrega de premios Programa "Emprendemento en FP, Proxecta o teu Futuro"
  • Entrega de premios Programa "Emprendemento en FP, Proxecta o teu Futuro"
Etiquetas: 
Multimedia: