Participación da FP galega en EuroSkills Budapest 2018

Raúl Fernández Lorenzo e Miguel Paz Pena, alumnos da FP galega que gañaron a medalla de ouro no GaliciaSkills 2016 e no SpainSkills 2017, nas especialidades de Torneado e fresado e Tecnoloxía do automóbil, respectivamente, participaron no Campionato Europeo de Formación Profesional EuroSkills 2018, en Budapest.

Etiquetas: 
Multimedia: 

Participación da FP galega na 32ª Feira do moble de Galicia

Entre o 19 e o 23 de setembro celébrase a 32ª Feira do moble de Galicia no Recinto Feiral da Estrada en horario continuado de 11.00 a 20.00h. A consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participa cun stand informativo de formación profesional así como cunha mostra de proxectos de innovación desenvolvidos en centros educativos por profesorado e alumnado da familia profesional de Madeira, moble e cortiza.

Multimedia: 

Proxecto do decreto polo que se establece o currículo de Ensinanza e animación sociodeportiva

Publicado o proxecto do Decreto polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en Ensinanza e animación sociodeportiva.

Etiquetas: 

Convocatorias dos programas do Plan Eduemprende 2018-2019

Publicación das convocatorias para a participación nos diferentes programas desenvolvidos dentro do Plan Eduemprende dirixidos ao alumnado e profesorado de educación primaria, educación secundaria, bacharelato e formación profesional.

Etiquetas: 

Carnés profesionais. Listaxe provisional de solicitudes. Convocatoria extraordinaria 2018

Publicada a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas da convocatoria extraordinaria 2018 de probas de carnés e habilitacións profesionais.

Información orientativa. Ciclos e módulos con prazas dispoñibles e sen listaxe de espera

Aberto o período extraordinario de presentación de solicitudes de setembro ata o día 11 ás 13:00 horas. Coa finalidade de axudar na toma de decisións das persoas interesadas en facer solicitudes destas ensinanzas no período extraordinario, facilítanse listaxes informativas cos seguintes datos:

Listaxes separadas por réxime, modalidade e grao; ordenadas por provincia, concello e centro dos ciclos e módulos de formación profesional que teñen prazas dispoñibles e non teñen listaxe de espera.

Etiquetas: 
Tema: 

Bolsas para mocidade do exterior, co fin de iniciar estudos FP de grao superior no curso 2018/19

Publicada a Orde do 6 de agosto de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan cen bolsas para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de formación profesional de grao superior que se inicien no curso académico 2018/19 nun centro con ensinanzas sostidas con fondos públicos de Galicia (ED333A).

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Etiquetas: 

Calendario de acceso e admisión para o curso 2018-2019 nas ensinanzas de FP básica

Calendario de acceso e admisión para o curso 2018/19 nas ensinanzas de FP básica, segundo a disposición adicional segunda da Resolución do 24 de xullo de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2018/19.

Instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP no curso 2018-2019

Publicada a Resolución do 24 de xullo de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2018/19.

Listaxe provisional de ciclos formativos plurilingües (Estrela PluriFP). Convocatoria 2018-2019

Publicada a listaxe provisional de ciclos formativos plurilingües (Estrela PluriFP) autorizados e excluídos da convocatoria 2018-2019.

Prazo para realizar alegacións: ata o 20 de agosto de 2018.

Etiquetas: 
Distribuir contido