Probas de acceso a ciclos de grao superior. Exames e respostas da convocatoria 2019

Publicados os exames e as respostas da convocatoria 2019 de probas de acceso a ciclos formativos de grao superior.

Etiquetas: 

Resolución pola que se seleccionan os centros que conforman a Rede galega de dinamización da FP dual

Publicada a Resolución do 9 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se resolve seleccionar os centros educativos que, con carácter experimental, conformarán a Rede Galega de Dinamización da FP dual e nomear as persoas responsables da dinamización da FP dual en cada centro.

Etiquetas: 

Borrador da Orde pola que se convocan bolsas para mocidade exterior FP para o curso 2019-2020

Próximamente será publicada no Diario Oficial de Galicia a Orde do 9 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan cen bolsas para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de formación profesional de grao superior que se inicien no curso académico 2019-2020 nun centro de Galicia con ensinanzas sostidas con fondos públicos (ED333A).

Etiquetas: 

Congreso de Innovación na Formación Profesional FP Innova Galicia 2019

Os días 8, 9 e 10 de maio desenvolverase no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela a cuarta edición do Congreso de Innovación na Formación Profesional, FP Innova Galicia 2019.

Etiquetas: 

Probas de acceso a grao medio. Listaxes provisionais de inscrición e exencións. Convocatoria 2019

Publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e as listaxes de exención para as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.

Período de reclamación: do día 8 ao 12 de abril, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.

Etiquetas: 

Acreditación de competencias. Datas e lugares da primeira reunión grupal. Convocatoria 2019

Publicadas as listaxes de persoas admitidas e excluídas, con data 27 de marzo de 2019, iníciase a fase de asesoramento para as persoas admitidas, segundo o establecido na Orde do 4 de decembro de 2018 (DOG do 14 de decembro de 2018) pola que se convocou o proceso de acreditación de competencias.

Acreditación de competencias. Listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas. Convocatoria 2019

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas e de persoas excluídas por non cumprir os requisitos para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2019. Data de publicación: 27.03.2019

Convocatoria de estadías formativas en empresas ou institucións para o ano 2019

Publicada a convocatoria de estadías formativas en empresas ou institucións para o ano 2019 destinadas ao funcionariado docente non universitario.

Na seguinte ligazón pode consultar as persoas destinatarias, duración, documentación, lugar de presentación de solicitudes e máis información de interese.

    - Máis información

SpainSkills 2019. Participación da delegación galega

Entre o 27 e 29 de marzo de 2019 celebrarase o campionato nacional de Formación Profesional, Spainskills 2019, organizado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional en colaboración coas comunidades autónomas e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla.

Galicia presenta 28 competidores que participan en 26 skills. Estes competidores son os gañadores das medallas de ouro da V edición dos Campionatos Galegos da Formación Profesional Galiciaskills 2018, celebrados en Silleda no mes de novembro do 2018.

Etiquetas: 

Programa de visitas a explotacións forestais para centros educativos

A Asociación Provincial de Empresarios da Primeira Transformación da Madeira de Lugo organiza visitas a explotacións forestais para centros educativos de Galicia, co obxectivo de dar a coñecer ao alumnado o sector forestal, imprescindible para a xeración de emprego e riqueza no rural.

Distribuir contido