Estadías formativas en empresa

Estadías formativas en empresas

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade, como responsable da planificación da formación do profesorado, convoca para o ano 2022 estadías formativas en empresas ou institucións dirixidas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional inicial e das artes plásticas e o deseño.

Que son?

Modalidade de formación que se desenvolve nos centros de traballo de distintas empresas ou institucións para potenciar o coñecemento directo dos procesos produtivos que se desenvolven nelas.

Convocatoria

Para o ano 2022 convócanse 90 prazas de estadías formativas en empresas ou institucións situadas tanto na comunidade autónoma de Galicia, como no resto do territorio do Estado.

 Destinatarios

O profesorado que cumpra, entre outras, as seguintes condicións:

  • Ser funcionario/a nalgún dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional inicial e das artes plásticas e o deseño.
  • Estar en situación de servizo activo no período solicitado para a realización da estadía, prestando servizos en centros públicos dentro do ámbito de xestión da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Obxectivos

  • Coñecer directamente os procesos produtivos que se desenvolven nas empresas.
  • Formar o profesorado mediante o seu achegamento ao mundo produtivo e aos seus avances tecnolóxicos.

Modalidades

Inscrición

O procedemento de solicitude desenvolverase en dúas fases:

  • 1ª fase: ata o 23 de marzo de 2022.
  • 2ª fase: ata o 6 de abril de 2022.

Período de realización e duración

Desde o 20 de abril ata o 10 de setembro de 2022, cunha duración máxima de 160 horas.

  • Modalidade A: A duración e o período de realización será o acordado para cada caso entre a empresa e o asesor ou asesora de formación do ámbito de formación profesional do centro de formación e recursos correspondente en base ás preferencias dos/as solicitantes.
  • Modalidade B: A duración e o período de realización será acordado para cada caso entre o/a solicitante e a empresa.

Convocatoria de estadías formativas

Na seguinte ligazón pódese consultar a convocatoria de estadías formativas para o ano 2022:

Listaxes da convocatoria 2022

  • Resolución provisional (Publicada o 12/04/2022)
    O prazo para efectuar reclamación, emendar erros ou presentar renuncia á concesión da estadía é de 3 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación. Data límite para reclamación: 19/04/2022, incluído.
  • Resolución definitiva (Publicada o 29/04/2022)
  • Avaliación da comisión de selección (Pendente de publicación)

Documentación relacionada coas estadías formativas