Publicadas en FProfe as actividades do plan anual de formación do profesorado de Formación Profesional.
O profesorado de formación profesional que desenvolve o seu labor docente nos centros sostidos con fondos públicos, dentro do ámbito de xestión da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, así como aquel con destino nos servizos técnicos dependentes da consellería, xa pode inscribirse nas actividades de formación permanente previstas para os meses xullo e setembro deste ano 2019.