Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). Curso 2022-2023

Publicado o calendario, a oferta clasificada por provincia e concello, e a actualización da información das Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). Curso 2022-2023.

Etiquetas: 

Visita ao Centro Galego de Innovación da FP no marco de FPInnova 2023

A directora xeral de Formación Profesional de Galicia, María Eugenia Pérez Fernández, acompañada da directora xeral de FP de Andalucía, de representantes da administración educativa de Navarra e de Castela-A Mancha e de directores de centros de FP de varias comunidades autónomas visitaron o CGIFP en Ourense e comprobaron de primeira man as novas tecnoloxias do centro e os proxectos innovadores que se están a desenvolver nel.

Etiquetas: 
Multimedia: 

Obradoiros no Congreso de Innovación na Formación Profesional FP Innova Galicia 2023

As persoas asistentes ao Congreso de Innovación na Formación Profesional, FP Innova Galicia 2023, terán a posibilidade de experimentar a formación profesional desde un punto de vista práctico a través de obradoiros repartidos en 6 aulas:

Etiquetas: 

Libro do Congreso de Innovación na Formación Profesional FP Innova Galicia 2023

Xa está dispoñible o libro do Congreso de Innovación na Formación Profesional, FP Innova Galicia 2023, no que se pode consultar toda a información sobre este evento.

As persoas asistentes á xornada formativa do mércores 22 de marzo recibirán un exemplar impreso.

Etiquetas: 

Convocatoria estadías formativas en empresas para o ano 2023 para funcionariado docente non universitario

Publicada a convocatoria de estadías formativas en empresas ou organismos equiparados para o ano 2023 destinadas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional inicial e das artes plásticas e o deseño.

Na seguinte ligazón pode consultar as persoas destinatarias, duración, documentación, lugar de presentación de solicitudes e máis información de interese.

Probas de acceso a grao medio. Listaxes provisionais de inscrición e exencións. Convocatoria 2023

Publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e as listaxes de exención para as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.

Período de reclamación: do 20 ao 24 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos, no centro de inscrición.

Etiquetas: 

Probas de acceso a grao superior. Listaxe definitiva de solicitudes. Sedes e instrucións. Convocatoria 2023

Publicadas a listaxe definitiva de solicitudes e a resolución definitiva de exencións para as probas de acceso a ciclos formativos de grao superior na convocatoria ordinaria 2023.

Publicadas instrucións e a asociación de centros e sedes para a realización da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior na convocatoria ordinaria 2023.

Etiquetas: 

Congreso de Innovación na Formación Profesional FP Innova Galicia 2023

Os días 22, 23 e 24 de marzo desenvolverase no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela a quinta edición do Congreso de Innovación na Formación Profesional, FP Innova Galicia 2023.

Etiquetas: 

Plan Conecta FP Galicia. Encontro Territorial en Foz

Celébrase hoxe no IES de Foz un novo encontro territorial do Plan Conecta FP Galicia, no que participan representantes do tecido produtivo e dos centros educativos con oferta de formación profesional da zona.

Trataranse as posibilidades de colaboración entre a FP e as empresas da contorna, a formación profesional como vía de capacitación, as necesidades do sector produtivo e a importancia da acreditación de competencias e da formación dos traballadores para o futuro do mercado laboral.

Etiquetas: 
Multimedia: 

Convocatoria programa eduemprende Mentoring FP 2022-2023

Publicada a Resolución da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se convoca a selección de centros que participarán no programa Mentoring FP durante o curso 2022/2023.

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá entre os días 2 e 16 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos.

Etiquetas: 
Distribuir contido