Premios da Formación Profesional Galega na Olimpíada 2013

Na seguinte táboa relaciónanse os skills e competidoras e competidores premiados na Olimpíada 2013 da formación Profesional Spain Skill 2013.

Medallas e mencións galegas na Olimpíada 2013 da Formación Profesional

Skill

Etiquetas: 

Carnés e habilitacións profesionais. Convocatoria 2013

Publicada en DOG a ORDE do 26 de decembro de 2012 pola que se convocan probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2013.

- Orde no DOG

- Normativa relacionada

Listaxes provisorias de persoas inscritas nas probas de acceso a ciclos formativos de grao superior

Publicada a listaxe provisoria de persoas inscritas nas probas de acceso a ciclos formativos de grao superior.

- Listaxe provisoria

- Máis información

Etiquetas: 

Inicio de Eduemprende- Actúa

Esta actuación enmárcase no Plan de Emprendemento no sistema educativo de Galicia eduemprende, no eixe estratéxico 1 “Sensibilización e motivación” que agrupa o conxunto de obxectivos e medidas a desenvolver para que a comunidade educativa perciba a importancia de construír e fomentar a cultura emprendedora, para recoñecer no seu contorno actitudes e valores emprendedores, favorecendo a súa integración nos centros educativos e creando unha conciencia emprendedora.

Etiquetas: 

Olimpíada 2013 da Formación Profesional. Comezo das probas

Comezo das probas da Olimpíada 2013 da Formación Profesional. SpainSkills 2013.

- Retransmisión en directo

Etiquetas: 

Formación Profesional Dual. Listaxe de persoas admitidas e listaxe de espera

Publicada a listaxe de persoas admitidas e en espera de FP Dual.

As persoas admitidas na FP Dual do CIFP Politécnico de Santiago deberán acudir ao centro para matricularse os días 14 ou 15 de febreiro, en horario de oficina. De non formalizar a matrícula nestas datas, esas prazas serán ocupadas polas persoas en espera.

As persoas solicitantes que non figuran na listaxe de persoas admitidas ou na listaxe de persoas en espera están en situación de non seleccionadas.

Etiquetas: 

Europa. Next Station

É un proxecto de mobilidade do alumnado dentro do Programa de Aprendizaje Permanente Leonardo da Vinci, presentado e coordinado pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Resolución definitiva de selección de Proxectos de Formación para o profesorado de Formación Profesional. 2º Prazo

Publicación da resolución definitiva de selección de Proxectos de Formación para o profesorado de Formación Profesional. Segunda  fase de selección.

- Ver documento

 

Olimpíadas 2013 da Formación Profesional. Representación galega

Do día 13 ao 16 de febreiro celebrarase en Ifema (Madrid) a 34 edición das Olimpíadas de Formación Profesional, Spainskills 2013, están organizadas polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte en colaboración coas Comunidades Autónomas e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla.

Etiquetas: 

FP Dual. Listaxe definitiva de solicitudes

Publicada a listaxe definitiva de solicitudes de FP Dual.

As persoas admitidas nesta listaxe definitiva de solicitudes de FP Dual deberán presentarse na sede de Coremain SLU no Parque Empresarial Costa Vella, rúa de Amio 128 en Santiago de Compostela o día 04/02/2013 ás 10:00h, para a realización da segunda fase de selección.

- Listaxe definitiva de solicitudes de FP Dual

Etiquetas: 
Distribuir contido