Formación Profesional Dual intensiva. Adxudicación de prazas. Curso 2024-2025

Resolución de prazas adxudicadas en formación profesional dual intensiva para o curso 2024-2025.

As persoas con praza adxudicada deberán matricularse no centro adxudicado antes do día 24 de xullo ás 13:00 horas. Para solicitar a matrícula empregarase o seguinte modelo:

Etiquetas: 

Formación Profesional. Resolución provisional de solicitudes. Curso 2024-2025

Resolución provisional de solicitudes de admisión á formación profesional para o curso 2024-2025.

- Oferta ordinaria.
- Oferta modular.
- Cursos de especialización

O prazo de reclamación contra esta resolución abrangue desde o mércores 10 de xullo ata as 13:00 horas do venres 12 de xullo de 2024.

Etiquetas: 

Instrucións sobre a ordenación dos graos D e E de FP para o curso 2024/25

Resolución do 10 de xullo de 2024 da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións sobre a ordenación e a organización dos graos D e E de formación profesional para o curso 2024/25 (Próxima publicación en DOG).

Instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de FP no curso 2024/25

Resolución do 10 de xullo de 2024 pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo no curso 2024/25 (Próxima publicación en DOG).

Convocatoria das axudas económicas para o alumnado que realiza FCT ou FP dual

Publicada no DOG a Orde do 8 de xullo de 2024 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual.

Etiquetas: 

Plan de capacitación do profesorado de formación profesional e réxime especial para o curso 2024-25

Xúntase o Plan de capacitación do profesorado de formación profesional e réxime especial para o curso 2024-25.

Listaxe provisional de persoas seleccionadas na modalidade A do programa Retorna Talento FP 24/25

Listaxe provisional de persoas seleccionadas para cada ensinanza ofertada na modalidade A do programa Retorna Talento FP 2024/2025

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte a esta publicación para interpor reclamacións ou renuncias ante a presidencia da Comisión de Valoración.

Etiquetas: 

Formación Profesional Dual intensiva. Resolución provisional de solicitudes. Curso 2024-2025

Resolución provisional de solicitudes de admisión á formación profesional dual intensiva para o curso 2024-2025.

O prazo de reclamación contra esta resolución abrangue desde o luns 8 de xullo ata as 13:00 horas do mércores 10 de xullo de 2024.

Máis información.

Etiquetas: 

Formación Profesional de grao básico. Resolución provisional de solicitudes. Curso 2024-2025

Resolución provisional de solicitudes de admisión ao grao básico de formación profesional para o curso 2024-2025.

O prazo de reclamación contra esta resolución abrangue desde o luns 8 de xullo ata as 13:00 horas do mércores 11 de xullo de 2024.

Máis información.

Etiquetas: 

Listaxe provisional de centros e ensinanzas de FP plurilingües para o curso 2024-25

Listaxe provisional de centros e ensinanzas de formación profesional plurilingües para o curso 2024-25 no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Etiquetas: 
Distribuir contido