Idea 2022
Que é eduemprende Idea?
É un concurso que pretende potenciar a realización de proxectos empresariais polo alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.
Quen pode presentarse ao concurso?
Poderá participar o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:
- Estar matriculado no curso 2021-2022 nas ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño sostidas con fondos públicos.
- A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro.
- Estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma
Premios
Premiaranse os tres mellores proxectos de empresa de cada modalidade.
- Modalidade A: ciclos de grao superior
- Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
- Asesoramento técnico do IGAPE
- Dotación económica:
- 1º premio: 3.000 euros
- 2º premio: 2.000 euros
- 3º premio: 1.000 euros
- Modalidade B: ciclos de grao medio
- Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
- Asesoramento técnico do IGAPE
- Dotación económica:
- 1º premio: 3.000 euros
- 2º premio: 2.000 euros
- 3º premio: 1.000 euros
Como participar
Para presentar a solicitude, o representante deberá cubrir obrigatoriamente o formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática http://www.tramita.igape.es, dispoñible desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 14.00 horas da data de finalización, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Para a presentación das solicitudes deberá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Información e contacto
Para calquera dúbida referente ao concurso dirixirse a:
Asesoría de emprendemento:
- eduemprende@edu.xunta.gal
- Teléfono 981 54 65 64, 881 99 65 21
Convocatoria 2022
Nas seguintes ligazóns poderá consultar a orde da convocatoria de eduemprende Idea para o ano 2022 e toda a información relacionada.
- Resolución do 30 de marzo de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras do eduemprende Idea 2022 (DOG 11 de abril de 2022)
- Resolución de concesión do concurso eduemprende Idea 2022
Convocatorias anteriores: