Convocatoria programa eduemprende La loca aventura del ahorro 2022-2023

Programa enmarcado dentro do convenio de colaboración establecido entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional  e Universidades e a Fundación Galicia Obra Social para o desenvolvemento de actuacións conxuntas a favor do desenvolvemento do espírito emprendedor, no marco de Eduemprende.

Esta convocatoria ten por obxecto que o alumnado aprenda, dun xeito activo e en primeira persoa, as primeiras pautas de como adaptarse a un orzamento e a importancia do aforro na vida, a través do xogo e explorando o mundo da cultura teatral.

Dirixida ao alumnado de 1º a 6º de Educación Primaria dos centros con ensinanzas sostidas con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días hábiles a contar desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria na páxina web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, é dicir, desde o 22 de decembro de 2022 ata o 2 de febreiro de 2023, ambos os dous incluídos.

A solicitude debe remitirse asinada polo/a director/a do centro educativo. Os anexos deben enviarse en formato pdf, cubertos dixitalmente, e non como documento escaneado.

Etiquetas: