Convocatoria do programa eduemprende Finanzas para mortais 2021-2022
Programa enmarcado dentro do Convenio de colaboración establecido entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, o Banco Santander e UCEIF (Fundación de la Universidad de Cantabria para el estudio y la investigación del sector financiero) para o establecemento dun marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor no marco do Plan de Emprendemento no Sistema Educativo Eduemprende.
Esta convocatoria ten por obxecto fomentar o emprendemento e a cultura financeira no sistema educativo non universitario como motores da innovación, a competitividade e o crecemento da economía.
O programa vai dirixido ao alumnado de 3º e 4º da ESO, 1º e 2º de Bacharelato e ciclos formativos de Formación Profesional dos centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días naturais a contar desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Portal Educativo, é dicir, desde o 14 de decembro de 2021 ata o 12 de xaneiro de 2022.
A solicitude debe remitirse asinada polo/a director/a do centro educativo. Os anexos deben enviarse en formato pdf, cubertos dixitalmente, e non como documento escaneado.