Convocatoria programa eduemprende Implantación de ferramentas de medios de pagamento 2021-2022
Programa enmarcado dentro do convenio de colaboración establecido entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Fundación Galicia Obra Social para o desenvolvemento de actuacións conxuntas a favor do desenvolvemento do espírito emprendedor, no marco de Eduemprende.
Esta convocatoria ten por obxecto fomentar a educación financeira na formación profesional de forma que o alumnado poida coñecer de primeira man o manexo de un TPV e a xestión sobre diferentes formas de pagamento.
Vai dirixida ao alumnado que curse ensinanzas de formación profesional nas familias de Administración e Xestión, Hostalería e Turismo e de Comercio e Márketing en centros educativos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, nos que ditas ensinanzas estean sostidas con fondos públicos.
O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais a contar desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Portal Educativo, é dicir, desde o 26 de novembro ata o 10 de decembro de 2021.
A solicitude debe remitirse asinada polo/a director/a do centro educativo. Os anexos deben enviarse en formato pdf, cubertos dixitalmente, e non como documento escaneado.