13484
Investigación e desenvolvemento de novos usos culinarios da lapa
A pretensión do proxecto, no que o CIFP Carlos Oroza colabora coa Confraría de Pescadores San Xosé de Cangas é dar a coñecer a lapa, cubrindo as necesidades do grupo de mariscadoras no referido a proporcionarlles soporte técnico para a comercialización no ámbito da hostalaría da lapa (patella spp).
A pretensión do sector é a explotación comercial da patela ou lapa, dándoa a coñecer mediante o proxecto, fomentando o seu consumo e potenciando a súa importancia na dieta, favorecendo un aumento na extración. Trataríase de investigar e desenvolver novas liñas e métodos de preelaboración, elaboración e/ou conservacion da lapa, que permitan a introdución deste produto tanto na comercialización directa ao consumidor primario (venta de moluscos frescos) como ao secundario (hostalaría, cociña de autor e creativa,..)