GaliciaSkills 2021. Competicións
Recepción hoteleira
De 8:30 a 9:30. Recepción de alumnado e titores/as, almorzo, toma de contacto coas instalacións e sorteo do orde de participación. Foto corporativa de grupo.
De 9:30 a 11:00. Reserva telefónica, en inglés (1 hora de proba e 30 minutos de avaliación). 20% da puntuación final.
De 11:00 a 12:00. Elaboración de correo electrónico de resposta a petición de reserva, en castelán (30 minutos de proba e 30 minutos de avaliación). 15% da puntuación final.
De 12:20 a 14:30. Check-in e información turística sobre Lugo, en castelán (1 hora e 40 minutos de proba e 30 miuntos de avaliación). 25% da puntuación final.
De 16:00 a 16:40. Cotización dunha reserva (20 minutos de proba e 20 minutos de avaliación). 15% da puntuación final.
De 16:40 a 17:40. Resposta a un comentario negativo en Tripadvisor, en castelán (30 minutos de proba e 30 minutos de avaliación). 10% da puntuación final.
De 17:40 a 19:10. Continxencia en mostrador, en inglés (1 hora de proba e 30 minutos de avaliación). 15% da puntuación final.
De 19:15 a 20:15. Avaliación do xurado e entrega de premios.
Xestionar o departamento de recepción do Hotel Galicia Skills ***** de acordo coa planificación xeral do establecemento, desenvolvendo e asegurando a correcta prestación dos servizos propios deste departamento e executando accións comerciais que amosen o dominio das habilidades comunicativas, tamén na lingua inglesa.
|
|