GaliciaSkills 2021. Competicións
Coidados auxiliares de enfermaría e atención sociosanitaria
De 9:00 a 9:10. Recepción dos participantes e verificación de idades. Sorteo dos postos de competición.
De 9:10 a 9:20. Presentación e foto corporativa de grupo. Explicación das normas de competición.
Comezo da competición. 40 minutos cada participante e 5 min entre participantes. Dos 40 minutos, 30 son para a proba e 10 para seleccionar e comprobar material. Sorteo para establecer a orde de participación.
De 9:20 a 10:05. Primeiro participante. Primeira ronda.
De 10:05 a 10:50. Segundo participante. Primeira ronda.
De 10:50 a 11:30. Terceiro participante. Primeira ronda.
De 11:30 a 12:00. Descanso.
De 12:00 a 12:45. Cuarto participante. Primeira ronda.
De 12:45 a 13:30. Quinto participante. Primeira ronda.
De 13.30 a 14:10. Primeiro participante. Segunda ronda.
De 14:10 a 15:30. Xantar.
De 15:30 a 16:15. Segundo participante. Segunda ronda.
De 16:15 a 17:00. Terceiro participante. Segunda ronda.
De 17:00 a 17:45. Cuarto participante. Segunda ronda.
De 17:45 a 18:15. Descanso.
De 18:15 a 19:00. Quinto participante. Segunda ronda.
De 19:00 a 19:30. Avaliación por parte do xurado e entrega de premios.
A proba consistirá na prestación de coidados asistenciais ao paciente/cliente, tanto no ámbito institucional como no ámbito domiciliario.
Os coidados prestados están relacionados con:
- Mobilizacións, transferencias e traslados do paciente no seu medio, tendo en conta o seu estado e a posición anatómica recomendada e empregando os produtos de apoio necesarios.
- Administración de medicamentos vía oral, rectal e tópica.
- Administración de nutrición enteral.
- Tarefas de hixiene persoal e vestidura favorecendo ao máximo a autonomía do paciente/cliente.
- Toma de constantes vitais e rexistro gráfico.
- Resposta ante situacións de emerxencia e risco para a saúde no desenvolvemento da actividade profesional, aplicando técnicas de primeiros auxilios.
As persoas participantes actuarán con responsabilidade e autonomía no ámbito da súa competencia, organizando e desenvolvendo as probas propostas no seu contorno de traballo, e aplicarán as medidas de prevención e seguridade tanto para o persoal profesional como para o paciente/cliente.
|
|