GaliciaSkills 2021. Competicións
Xardinaría paisaxística
De 9:00 a 10:00. Recepción de participantes, entrega de uniformes e comprobación de espazos de traballo. Normas de competición e aclaración de dúbidas. Foto corporativa de grupo.
De 10:00 a 13:30. Desenvolvemento da primeira parte da competición, cunha parada de 30 minutos para refrixerio.
De 13:30 a 14:00. Valoración do xurado.
De 14:00 a 15:00. Comida.
De 15:00 a 19:30. Desenvolvemento da segunda parte da competición, con parada 30 minutos para descanso.
De 19:30 a 20:30. Valoración do xurado e resultados da competición.
Creación dun sinxelo espazo axardinado a base de gramíneas, para o que se instalará un xardín de 5 m por 5 m que estará construído con:
- Materiais pétreos (enlousado).
- Espazos acuáticos (estanque)
Rematarase con superficies vexetais con plantación e instalación de céspede.