GaliciaSkills 2021. Competicións
Peiteado
De 9:00 a 9:30. Presentación e explicación do desenvolvemento das probas, comprobación de identidade das persoas competidoras e sorteo de orde de participación. Foto corporativa de grupo.
De 9:30 a 11:30. Desenvolvemento da proba de cor, segundo a orde do sorteo, con 30 minutos para cada persoa competidora.
De 11:30 a 12:00. Descanso.
De 12:00 a 13:30. Desenvolvemento da proba de corte e peiteado de muller.
De 13.30 a 14:15. Valoración da proba, con 10 minutos posteriores á valoración para retoque final con pranchas, tenaces, etc.
De 14:15 a 15:30. Xantar.
De 15:30 a 16:00. Sorteo da técnica para derradeira proba e preparación, de ser o caso, da perruca (só hixiene capilar e secado sen técnica).
De 16:00 a 17:45. Desenvolvemento da terceira proba.
De 17:45 a 18:45. Descanso.
De 18.45 a 19:00. Entrega de premios.
Realización dos seguintes traballos:
- Aplicación de técnicas de cor e corte nun cabelo de muller, cun estilo actual e de día; deseño de corte e realce de cor feminino. O traballo será de inspiración libre.
- Recollido de noite de inspiración libre de técnicas e acabamentos. Permítense recheos, extensións e adornos que non superen o 10% do conxunto do recollido.
|
|
|
|
|
|