GaliciaSkills 2021. Competicións
Floraría
De 9:00 a 10:00. Recepción de participantes, entrega de uniformes e comprobación de espazos de traballo. Presentación e foto corporativa de grupo. Explicación das normas de competición e aclaración de dúbidas.
De 10:00 a 13:30. Desenvolvemento da primeira parte da competición, cunha parada de 30 minutos para refrixerio.
De 13:30 a 14:00. Valoración do xurado.
De 14:00 a 15:00. Comida.
De 15:00 a 19:30. Desenvolvemento da segunda parte da competición, con parada 30 minutos para descanso.
De 19:30 a 20:30. Valoración do xurado e resultados da competición.
Realización dos seguintes arranxos florais:
- Ramo de man con estrutura
- Arranxo de mesa para celebración campestre
Terase en conta a realización dun bosquexo previo, a elección e a identificación dos elementos vexetais e non vexetais, orde e limpeza no traballo, ademais do resultado final da composición.