GaliciaSkills 2021. Competicións
Soldadura
De 9:00 a 9:15. Presentación das persoas participantes e titores/as no taller de construcións metálicas nº2, do departamento de Fabricación Mecánica. Presentación e foto corporativa de grupo
De 9:15 a 9:30. Comprobación de datos persoais, entrega de polos e materiais de protección individual a cada participante. Foto corporativa de grupo.
De 9:30 a 10:00. Asignación posto de traballo e explicación da proba.
De 10:00 a 14:00. Desenvolvemento da proba.
De 14:00 a 16:30. Xantar.
De 16:30 a 18:30. Avaliación da proba.
De 18:30 a 19:30. Entrega de premios.
Soldar con eléctrodo as chapas, os tubos e os perfís proporcionados, para obter a peza do plano, seguindo as indicacións técnicas (normas ISO e AWS) indicadas no propio plano.
Cómpre preparar o material, axustar os parámetros da máquina de soldadura e realizar os cordóns de soldaxe seguindo as indicacións do plano.
O xurado examinará o resultado para comprobar que cumpra a normativa de soldaxe e valorará a calidade das soldaduras realizadas por cada participante.
|
|