GaliciaSkills 2021. Competicións
Mecatrónica
De 9:00 a 9:30. Hora estimada de comezo de chegada de participantes o centro. Presentación e foto corporativa de grupo.
De 9:30 a 10:00. Reunión cos participantes, formularios, explicacións sobre a competición, código ético comprobación de datos, materiais, ferramentas, etc.
De 10:00 a 13:00. Proba de montaxe.
De 13:00 a 13:45. Avaliación proba da maña.
De 13:45 a 15:45. Xantar.
De 16:00 a 18:00. Proba de programación e posta en marcha.
De 18:00 a 18:45. Avaliación proba da tarde.
De 18:45 a 19:15. Comunicación de resultados, fotos de grupo, recollida de material e despedida.
Montar unha estación de traballo dunha liña de produción: estación de clasificación.
A partir dunha documentación entregada, cómpre montar, cablear e colocar todos os compoñentes da estación, así como conectar a estación a un autómata programable e desenvolver un programa de control segundo as especificacións requiridas.
Finalmente, hai que simular avarías ou procurar melloras no proceso de produción, para conseguir que a estación sexa máis eficiente.
|