FPBásicaSkills 2022. Competicións
Agroxardinaría
De 9:30 a 11:00. Recepción das persoas participantes.
De 11:00 a 12:00. Inauguración e preliminares.
De 12:00 a 14:00. Primeira proba.
De 14:00 a 15:00. Descanso para xantar.
De 15:00 a 18:00. Segunda proba.
De 18:00 a 18:30. Deliberación do xurado.
Os/as competidores/as terán que realizar as labores indicadas, na documentación que se lles facilite dun proxecto de axardinamento, dun espazo delimitado a 12,5 m2. Nel poden ter que:
- Facer o replantexamento dos planos ao terreo.
- Facer pequenas estruturas ou montaxes en diversos materiais construtivos como: madeira, pedra natural, materiais prefabricados, plásticos.
- Facer sinxelas instalacións de rega ou recirculación de auga.
- Plantación de plantas de distintas dimensións.
- Colocación de céspede en terróns ou artificial.
Serán avaliados tamén o respecto as normas de seguridade laboral, medio ambiental, de convivencia e de colaboración entre os membros do equipo.
Precísanse determinados coñecementos teóricos propios da especialidade, que tamén abranguen aos coñecementos científico–matemático e socio lingüístico, aínda que non se valorarán como tal. Como mínimo:
- Interpretación de deseños, planos e esbozos.
- Técnicas de construción aplicadas ao paisaxismo.
- Materiais: Tipoloxía, manipulación, preparación e montaxe.
- Maquinaria, máquinas ferramentas, ferramentas e materiais.
- Equipamentos de protección individual.
- Seguridade e saúde no posto de traballo. Orde e limpeza no posto de traballo.
- Protección ambiental, selección e separación de refugallos.
|
|
|
|
|
|
|
|
|